Trasmiras acollerá a biblioteca completa do lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, proposto para medalla de ouro da provincia de Ourense, cuxo expediente de honra está actualmente en marcha. O lingüista, quen estivo acompañado na xuntanza polo alcalde do Concello de Trasmiras, trasladoulle ao presidente provincial o desexo de que …