Xoves 13 de Decembro de 2018

A Xunta inicia hoxe a rehabilitación do firme da estrada OU-212 entre Beariz e Liñares, nos concellos de Beariz e Avión


Actuarase sobre unha lonxitude de algo máis de 2,5 quilómetros entre Beariz e Liñares, cun investimento que se aproxima aos 60.000 euros

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inicia hoxe as obras de rehabilitación superficial do firme da estrada OU-212 no treito de mais de 2,5 quilómetros situado entre a saída do núcleo de Beariz e a entrada a Liñares, no Concello de Avión. No tramo inverteranse preto de 60.000 euros.

Esta actuación é unha das previstas no marco dun contrato adxudicado a Misturas Obras e Proxectos, S.A. por case 400.000 euros co que tamén se rehabilitará o firme da estrada OU-402 en Reza, na que xa se inicio a execución do contrato, e se actuará na OU-404 nos Concellos de Cartelle e Castrelo de Miño.

A obra desenvolverase entre os puntos quilométricos 6+250 e 8+820 do vial e ten por obxecto mellorar o estado de conservación do firme. Para elo, actuarase nos puntos deteriorados, fresando o firme actual e estendendo neles unha nova capa de mestura bituminosa en quente.

Hai que salientar que os primeiros 6,25 quilómetros desta estrada, desde o seu inicio en A Ermida ata a saída de Beariz foron obxecto neste verán doutra actuación de reforzo do firme por parte do goberno autonómico, na que se inverteron mais de 150.000 euros,

Ademais, a Axencia Galega de Infraestruturas está a levar a cabo actualmente a mellora do firme na capitalidade de Avión, entre o inicio da travesía e a intersección coa estrada a Deputación a Beresmo (puntos quilométricos 20+535 a 22+080).

Neste caso xa se acometeron as melloras previstas no firme e nos próximos días levarase a cabo o repintado do tramo. Na obra inverteranse mais de 44.000 euros.

Estas obras forman parte do Plan de Reforzos de firme da Xunta para o ano 2016, que supón unha inversión de case 24 millóns de euros para a mellora de case 700 quilómetros de estradas.

Deja un comentario