Xoves 09 de Xullo de 2020

Manuel Baltar recibe a José Sousa, premio «Ourensanía» 2016


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao produtor ourensán José Sousa, quen ven de ser recoñecido co VI Premio «Ourensanía», un galardón que concede a Deputación de Ourense como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. Na reunión, que ten lugar días previos á gala de entrega do galardón, que se celebrará no Teatro Principal de Ourense o vindeiro venres, 11 de novembro, Baltar e Sousa analizaron a situación da actualidade cultural en Iberoamérica, e sinaladamente da industria do cine, ademais de asuntos relacionados coa emigración ourensá e a súa implicación cos ámbitos culturais e sociais.O xurado do Premio «Ourensanía» ditaminou este ano concederlle o Premio «Ourensanía» a José Sousa (nacido en Ramirás), produtor de cine e propietario da Productora Xenon Films, pola súa longa carreira cinematográfica en Venezuela que o ten colocado entre as primeiras produtoras cinematográficas daquel país e situado coma un dos nomes imprescindibles dentro da industria cinematográfica venezolana.

Deja una respuesta