Venres 14 de Agosto de 2020

Ourense contará en novembro cunha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego


O Concello de Ourense, Fundación Telefónica e Fundación Santa María a Real renovan o seu convenio para poñer en marcha a II Lanzadeira de Emprego da cidade. Para iso, contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Comezará a funcionar a finais do próximo mes e servirá para axudar a 20 persoas desempregadas, con idades comprendidas entre os 18 e os 59 anos, a adestrar unha nova procura de traballo en equipo.

As persoas interesadas dispoñen ata o 18 de novembro para presentar inscrición na web de Lanzadeiras, no Centro de Iniciativas Empresariais e na Oficina de Atención ao Cidadán.

O Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o Concelleiro de Promoción Económica, Industria e Emprego, Jorge Pumar; o Director de Relacións Institucionais de Fundación Telefónica, Joan Cruz; a Directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez; e a técnica de Fundación Santa María a Real Marta Prieto anunciaron hoxe que a cidade contará cunha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego. Para iso, estas entidades contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo POISES.

A II Lanzadeira de Emprego de Ourense comezará a funcionar a finais do mes de novembro e servirá para axudar a 20 persoas desempregadas, con idades comprendidas entre os 18 e os 59 anos, a reforzar as súas habilidades profesionais e coñecer novas ferramentas de acceso ao mercado laboral.

Á marxe destes requisitos, non se busca un perfil concreto, xa que poderán participar persoas con estudos básicos; que procedan de Formación Profesional ou Bacharelato, así como diplomaturas ou licenciaturas universitarias. Do mesmo xeito, non se solicita experiencia nun sector determinado; senón quela participación está aberta a persoas con traxectorias variadas, de áreas laborais diferentes.

Chegar a máis colectivos
?A primeira lanzadeira de Ourense estaba destinada exclusivamente a mozas. Nesta ocasión, abrimos o abanico de idade para que polo menos 5 dos 20 participantes poidan ser maiores de 35 anos e ata os 59. Desta maneira, damos entrada tamén a persoas doutros colectivos e maiores dificultades de acceso ao mercado laboral?, explicou Joan Cruz.

Que farán na lanzadeira?
As persoas que resulten seleccionadas, reuniranse varios días á semana, durante un período de cinco meses, no local cedido polo Concello. Guiados de novo por Lida Enrich, levarán a cabo sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empleabilidad, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.

?É o mesmo formulación de funcionamento que seguiu a primeira edición, coa que se conseguiu unha porcentaxe de inserción próxima ao 60%. Estamos moi satisfeitos co traballo realizado polo primeiro equipo, polo cambio de actitude que experimentaron os seus participantes, polo crecemento persoal e profesional alcanzado. Con este bo balance, presentamos agora a segunda edición, que esperamos que sexa igualmente exitosa?, detallou Marta Prieto.

Prazo de inscrición
As persoas interesadas en participar dispoñen ata o 18 de novembro para inscribirse no programa, tanto en formato on-line, a través da web de Lanzadeiras (http://www.lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion) ou en formato presencial, recollendo, enchendo e presentando o correspondente formulario nas seguintes dependencias municipais: Centro de Iniciativas Empresariais (rúa Pai Feijóo, 1A) e Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Maior, 1).

Deja una respuesta