Martes 22 de Setembro de 2020

Manuel Baltar recibe a Eladio Jardón, o ourensán gañador do premio máis prestixioso da comunicación política


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao consultor político ourensán Eladio Jardón, que vén de gañar o premio máis prestixioso no mundo no ámbito da comunicación política, o «Victory Awards» como consultor revelación, galardón considerado como o «Oscar» deste sector e que se entregou na Universidade de Georgetown, en Washington. Baltar felicitou ao consultor por este recoñecemento internacional e congratulouse de que un ourensán «traballe neste eido da comunicación política e que conte con este importante recoñecemento». Pola súa banda, Eladio Jardón comentou co presidente a situación actual da comunicación política e os avances que neste ámbito se están a dar no que atinxe ás campañas electorais, á mensaxe política e á interacción cos cidadáns.

Deja una respuesta