Venres 19 de Xullo de 2019

Unha quedada solidaria de corredores dirixida por Chema Martínez apoiará en Ourense a investigación da enfermidade de Chagas


O domingo sairá da Praza Maior e percorrerá 7 km polas marxes dos ríos

A Praza Maior da cidade e os paseos dos ríos Barbaña e Miño serán escenario este domingo, 28 de agosto, dunha “quedada espontánea de carreira” organizada pola fundación Mundo Sano, e dirixida polo atleta Chema Martínez, coa finalidade de darlle visibilidade ao “RetoChagas”. Trátase dunha campaña benéfica de recadación de fondos para a investigación sobre a extraña enfermidade de Chagas.

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Deportes colabora nesta iniciativa. Toda a información do evento e cómo apuntarse está dispoñible na web http://www.retochagas.com.

O percorrido será de case 7 km. Sairá en torno ás 20:20 horas, da Praza Maior, coa seguinte ruta: rúa Barreira, Burgas, Praza de Abastos, Paseo do río Barbaña, Cruzar Camiño Portocarreiro, Paseo Barbaña, Rúa Avilés de Taramancos, (20:35) Cruzar Pardo de Cela, Paseo do Miño (Dirección Oira), Pasarela Oira, Camiño Praia Oira (dirección Ponte Romana), Ponte Romana, (20:50) Cruzar Pardo de Cela, Rúa Avilés de Taramancos, Paseo Barbaña, (20:55) Cruzar Camiño Portocarreiro, Paseo Río Barbaña, Praza de Abastos, Rúa Desengano, Avda. Pontevedra e (21:05) Chegada Praza Maior

Mellorar a saúde das persoas expostas a enfermedades desatendidas

Mundo Sano, organizadora da actividade é unha fundación que traballa para mellorar a saúde das persoas expostas a enfermidades desatendidas. A de Chagas é producida por un parásito que afecta a máis de 7 millóns de persoas no mundo, especialmente en América Latina. Desde 1993 investiga xunto ás comunidades máis afectadas e desenvolve proxectos de sensibilizacion, prevención e control destas enfermedades.

En apoio deste labor, Chema Martínez e o seu equipo están a realizar unha ruta solidaria. Co lema “Xuntos poderemos pararlles os pes ao Chagas”, están a realizar unha ruta de 970 kilómetros en bicicleta, partindo desde Madrid ata chegar ao Faro de Fisterra, en 6 etapas. Se as completan, realizarase á donación de 100.000 euros para esta causa solidaria.

Nas paradas do percorrido, Chema Martínez imparte uns adestramentos, como o que fará o domingo en Ourense. Constan dunha carreira continua duns 5-7km e un pequeno clinic posterior á carreira onde se respostarán preguntas dos corredores participantes, se explicará técnica de carreira e outros temas deste ámbito.

José Manuel Martínez Fernández (Madrid, 1971), coñecido popularmente como Chema Martínez, é un atleta español, cuxa carreira o consagra coma un dos máis grandes fondistas da historia do noso país. No seu palmarés salientan as dúas medallas obtidas en 10.000 metros nos Campionatos europeos de 2002 (ouro) e 2006 (prata) celebrados en Múnich e Gotemburgo respectivamente, ademais doutros moitos títulos en diferentes carreiras.

Deja un comentario