Venres 14 de Agosto de 2020

Un tramo do carril esquerdo da Avenida da Habana pecharase ao tráfico o luns e o martes polas obras da rúa Concello


As obras de urbanización da rúa Concello requerirán pechar ao tráfico durante dous días (o luns, 21, e o martes, 22 de agosto) o carril esquerdo da Avenida da Habana, no tramo comprendido entre a rúa Florentino Cuevillas e a Praza de Concepción Arenal. O corte é preciso para poder realizar a acometida definitiva de saneamento da rúa Concello á rede municipal, na prolongación da Avenida da Habana cara á Praza de Concepción Arenal.

Os traballos, inicialmente previstos para esta semana, aprazáronse á próxima polo paso pola cidade da Vuelta Ciclista a España.

A sinalización do corte iniciarase o luns, ás 8:00 horas e os traballos comezarán unha vez estén debidamente sinalizados e balizados. A duración estimada do corte é 2 días.

Deja una respuesta