Venres 07 de Agosto de 2020

Manuel Baltar recibe a José Alfonso Palomanes, campión de España de triplo salto


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao atleta ourensán José Alfonso Palomanes, quen vén de proclamarse campión de España de triplo salto en categoría absoluta, na proba celebrada en Xixón o pasado mes de xullo.Na recepción, na que o deportista estivo acompañado pola súa dona, a tamén atleta Esperanza Caldas, e polo asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, o presidente do goberno provincial felicitou ao atleta e afirmou que exemplos como os de Palomanes, que elevan o deporte ourensán ao máis alto, «promoven a «marca Ourense» no ámbito deportivo e son tamén un sinal de identidade que reflicte valores do deporte como o traballo o sacrificio e o espírito de superación, que neste caso trouxo consigo un novo éxito para o deporte ourensán, na persoa de José Alfonso Palomanes».Palomanes, quen estudou INEF e agora cursa Fisioterapia, xa conta nos seus triunfos co campionato de España de triplo salto en todas as categorías ata a sub 23, aos que agora hai que sumar o ouro absoluto, que vén de conseguir cunha marca de 15,96 metros. Ademais do ouro no Nacional ao aire libre, Palomanes é subcampión de España universitario, bronce no Nacional de pista cuberta, campión de España de federacións autonómicas e dobre campión galego.

Deja una respuesta