Luns 19 de Agosto de 2019

A Xunta de Goberno da Deputación colabora coa XXXI edición do Premio «Antón Losada Diéguez»


A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou unha axuda de 6.000 euros para o Concello de Boborás, destinada á XXXI edición do Premio «Antón Losada Diéguez» que leva a desenvolverse anualmente desde o ano 1985. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 11 de agosto.A XXXI edición do premio «Antón Losada Diéguez» recoñeceu as obras «Un animal chamado néboa» de Ledicia Costas, na categoría de creación literaria, e a obra «Vicente Risco. Mestre de mestres» de Xosé Fernández Fernández, na categoría de investigación e ensaio.Este premio literario conta cunha dotación de 6.000 euros por categoría e galardoa obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais.Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a resolución complementaria á convocatoria de axudas para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2016, así como a resolución dos recursos presentados contra a resolución da convocatoria de entidades deportivas 2016.

Deja un comentario