Sábado 01 de Outubro de 2022

Catorce nenos e nenas saharauis, senegaleses e rusos gozan do verán na cidade acollidos por familias ourensás


O alcalde recibiu os nenos nun acto na Praza de San Martiño

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, recibiron os nenos saharauis, senegaleses e rusos, que están a gozar dunha estadía durante este verán na cidade acollidos por familias de Ourense. A Praza de San Martiño foi o escenario deste acto de benvida, no que participaron máis de 50 nenos e nenas, entre os que chegan a Ourense (14 en total) máis 7 nenos saharauis residentes na cidade, máis 15 nenos que participan no programa de actividades de verán do Centro Cívico da rúa Colón e un grupo de participantes do Campamento Urbano.

Durante a actividade, e trala benvida por parte do alcalde, e a lectura de mensaxes nos catro idiomas (español, ruso, senegalés e saharaiu), os nenos participaron en xogos tradicionais, unha comida saudable, un mural da amizade, unha viaxe no tren das Termas, acompañados polas súas familias, ate Salesianos para ir dese alí a comer todos xuntos convidados por un restaurante colaborador.

A actividade desta mañá pretende unir nenos e nenas de acollidas cos nenos que asisten ao centro cívico e no campamento de Amencer, coa finalidade de propiciar un clima de unión intercultural, onde os nenos de Ourense exerzan de anfitrións. Desde a Concellería de Asuntos Sociais se organizaron esta semana días temáticos no centro cívico Colón, para que os nenos coñezan e comprendan costumes saharauis, rusas e senegalesas, os seus xogos tradicionais. Por outra banda, participan tamén nenos do Campamento Urbano de Amencer, que hoxe celebran o Día das Culturas. Hoxe recibiron os nenos de acollida na Praza Maior e compartiron con eles as actividades e unha comida saudable no restaurante McDonald’s.

Programas de acollida do Concello de Ourense
Son tres os programas de acollida do Concello de Ourense: Vacacións en Paz, de nenos saharauis; Vacacións en familia, de nenos senegaleses; e acollida de nenos rusos, que desenvolve a Asociación Ledicia Cativa. Vacacións en Paz nace en 1996, e deu paso ao convenio actual de colaboración entre el Concello de Ourense e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui de “Vacaciones en Paz”. Desde entón, todos os veráns, nos meses de xullo e agosto, familias ourensás acollen nos seus domicilios a menores saharauis, de 8 a 12 anos, que viven nos campamentos de refuxiados do Tinduf.

Evitan así estar no deserto nos meses de máis calor, que en ocasións superan os 50 graos á sombra. O Concello os gastos de avión e autobús, ademais de procurar que durante a súa estadía participen en actividades de tempo de lecer para reforzar as relacións con outros menores residentes na cidade, coñecen unha nova cultura, un novo idioma, costumes… Tamén se realizan exames médicos, e revisión por dentista para axudar ao seu desenvolvemento físico saudable. E tamén desenvolven fortes vencellos coas familias de acollida
Este ano son 7 os nenos que estarán na cidade, ata a primeira semana de setembro

Por outra banda, cada vez son máis os senegaleses residentes na nosa cidade. Contan cunha asociación (Asociación de inmigrantes Senegaleses), desde 1996, que pretende promover a solidariedade entre os cidadáns de Ourense e os senegaleses que aquí residen.
Mais en moitos casos os seus ingresos non lles permiten reagrupar os seus familiares ou visitalos en Senegal.

Por parte de Asociación Ledicia cativa, se organiza a acollida de nenos rusos que viven na zona altamente contaminada polo desastre de Chernóbil de 1986. A asociación naceu en 2002 e acolle nenos para toda a provincia e, desde 2004, ampliou a súa atención a familias acolledoras de toda Galicia. Este ano veñen a Ourense 4 nenos e unha monitora.

Deja una respuesta