Martes 13 de Novembro de 2018

Oímbra contará cun parque empresarial de máis de 60.000 metros cadrados


Manuel Baltar, Ana Villarino e Rosendo Fernández presentaron no municipio ourensán o deseño desta nova infraestrutura
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto á alcaldesa do Concello de Oímbra, Ana Villarino; o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; e a axente de desenvolvemento local do Concello de Oímbra, María Luisa Santiago, presentaron no municipio ourensán, o proxecto de urbanización do parque empresarial de Oímbra, que cun investimento de máis de 2,1 millóns de euros, ocupará preto de 62.400 metros cadrados distribuídos en doce parcelas.Manuel Baltar explicou que para o goberno provincial esta actuación é “dun importante investimento no eido empresarial, que plantexada polo Concello de Oímbra, vai a xerar riqueza e emprego, sendo o primeiro paso necesario ordenar, clasificar e calificar urbanisticamente os terreos”.A Deputación de Ourense, a través do Inorde, “materializa ese esforzo que será unha realidade no seu momento, pero que indica que este é un municipio pujante, e somos conscientes de que hai varias empresas interesadas en ocupar este espazo”, salientou o presidente do goberno provincial, que dixo “a Deputación de Ourense o que pretende é facer provincia con este tipo de iniciativas e, recoñecer a iniciativa, en materia empresarial, do Concello de Oímbra”.O primeiro paso para a execución do futuro parque empresarial será a redacción do proxecto de urbanización, que conta cun orzamento de 79.000 euros aportados polo Inorde. Nos preto de 62.400 metros cadrados de espazo e xunto coa superficie dedicada a viais, equipamentos, servizos e zonas verdes, o parque contará con doce parcelas que van desde os case 13.000 metros cadrados, a máis grande, aos pouco máis de 2.300, a máis pequena.Rosendo Fernández destacou o labor do Inorde que “cumpre cunha das finalidades recollidas nos seus Estatutos que, neste caso, é a de apoiar ao parque empresarial de Oímbra co correspondente impacto que suporá no desenvolvemento económico desta localidade””Trátase dunha dotación de gran importancia para a economía do municipio”, dixo a alcaldesa, destacando “o interese que xa están a mostrar diversas empresas por ubicarse nunha zona empresarial que gozará de excelentes comunicacións”.O recinto empresarial estará ubicado á entrada do núcleo de Oímbra, a tres minutos do enlace coa autovía A-52, “o que supón unha vantaxe competitiva para as empresas que se instalen nesta zona polas excelentes comunicacións das que gozarán, mesmo para o transporte de mercadorías cara aos portos atlánticos, a meseta ou Portugal”, subliñou Ana Villarino.A alcaldesa apuntou tamén a notable demanda de información desde o ámbito empresarial cara este proxecto, que agora toma impulso logo da aprobación por parte da Xunta de Galicia do plan especial para a delimitación do chan.

Deja un comentario