Martes 20 de Novembro de 2018

“Ourense con Ecuador”, gala benéfica no Teatro Principal


Organizada pola Deputación de Ourense, o Bispado de Ourense e o xornal “La Región”, celebrarase o vindeiro 11 de xullo ás 21.00 horas e será presentada por Xosé Manuel Piñeiro e Tamara Pérez

A gala benéfica “Ourense con Ecuador” organizada pola Deputación de Ourense, o Bispado de Ourense e o xornal “La Región” e presentada por Xosé Manuel Piñeiro e Tamara Pérez, celebrarase o vindeiro 11 de xullo, ás 21.00 horas no Teatro Principal da Deputación de Ourense, sendo o prezo da entrada de 6 euros. A presentación desta iniciativa solidaria tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o bispo de Ourense, Leonardo Lemos; o presentador, Xosé Manuel Piñeiro; e o director do xornal “La Región”, José Pastoriza.Manuel Baltar explicou que esta iniciativa “naceu como consecuencia da situación que pasaron nese país, que merece que Ourense responda dun xeito solidario e atenda ese chamamento”.O presidente da Deputación de Ourense dixo que están actuando “coordinadamente desde o Bispado, Xosé Manuel Piñeiro, o xornal “La Región” e a Deputación de Ourense, para que este chamamento as nosas conciencias se materialice nun éxito nesta convocatoria que ten un carácter marcademente musical para entreter, pero o que se busca é que Ourense responda e o faga coa axuda económica que é como se concretan eses proxectos que ten na súa mente o ourensán, Manolo Rodicio, que actúa como capitalizador de todo este movemento emocional e social”.Baltar espera que esta iniciativa “sexa un éxito de asistencia, pero tamén un éxito a efectos de recadación porque iso medirá tamén a capacidade que ten a provincia de Ourense de responder a unha situación como esta, nunca desexada pero na que hai ourensáns que están tamén apoiando desde hai tempo e, sobre todo, cun papel protagonista na reconstrución de Ecuador”.Xosé Manuel Piñeiro explicou que a súa presenza neste acto é “obrigada por varios motivos, ademais de estremecerme coas imaxes e coas noticias que chegaban de Ecuador, o meu pensamento foi para Manolo Rodicio, misioneiro ourensán, co que me une unha amizade persoal desde a infancia”. En canto á gala dixo que será “un espectáculo eminentemente ourensán” na que participarán: a Real Banda de Gaitas, Emilio Rúa, María do Ceo, Coral de Ruada, Priscila, Lucía Pérez, Vizcaino, Pepe Capelán, Daniel Minimalia, Alejandro Abad e o coro Colexio Padre Feijoo, cunha duración de hora e media. “Hai unha fila cero e trátase de recadar diñeiro para que Manolo Rodicio o leve para usalo no que máis precisen”, engadiu Xosé Manuel Piñeiro.Pola súa banda, o director do xornal “La Región” asegurou que é “unha honra estar en calquera iniciativa que desenrole un ourensán, pero moito máis se se trata dunha iniciativa desenrolada por un ourensán que está loitando polas desigualdades e axudando aos máis febles”.O bispo de Ourense asegurou que “cando tiveron lugar os terremotos en Jipijapa, onde temos as dúas parroquias levadas por dous sacerdotes da nosa misión, evidentemente puxémonos a traballar pero atopámonos cunha realidade moi complexa, a magnitude do acontecemento superaba os nosos esforzos”, por iso quixemos “levar a cabo unha campaña en favor de Ecuador que perdurase no tempo, e este proxecto non pode rematar coa gala”. Leonardo Lemos destacou que “xuntos podemos conseguir máis cousas, comezamos agora e imos por bo camiño así que, non deixedes que o proxecto “Ourense con Ecuador” se esqueza” para iso “a conta para colaborar coa causa xa está aberta”.

Deja un comentario