Xoves 13 de Decembro de 2018

O Concello instala dúas novas gateiras na estrada da Granxa e Cruceiro Quebrado, coas que suma un total de 18 unidades no termo municipal


A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense amplía en dúas unidades a rede de gateiras instaladas na cidade. Concretamente, esta tarde, instalará unha nova gateira na estrada da Granxa, número 31, e nos próximos días outra na couzada interior de Cruceiro Quebrado. Con elas serán xa un total de 18 ubicadas en terreos municipais.

Con elas, o Concello coa colaboración da veciñanza pretende que os gatos rueiros teñan un lugar físico concreto onde resgardarse e alimentarse en condicións máis hixiénicas para todos.

As“Gateiras”, son casetas de madeira tratada, onde os animais poden pasar o duro inverno e o caluroso verán da nosa cidade, no seu interior atopan auga e alimento, penso controlado e reposto por cidadans anónimos que se encargan de coidalos (Asociacións de Colonias de Gatos) e se encargan de manter limpa a caseta-comedeiro, o que ademáis consegue eliminar o lixo e suciedade das rúas. Ademáis esta instalación é a referencia para facilitar a captura dos gatos susceptibles de tratamento sanitario (vacinas, esterilización…)

O proxecto continuará coa instalación de novas gateiras, das que o Concello xa está a tramitar a colocación doutras 8 unidades, sempre co obxectivo de fomentar a protección da saúde animal a traves do control da proliferación dos gatos rueiros asi como a protección da salubridade pública nas zonas con colonias de gatos.

Deja un comentario