Venres 13 de Decembro de 2019

Presentación da sexta edición de «Chandrexa Trail»


A sexta edición de «Chandrexa Trail» celebrarase o día 19 de xuño no municipio de Chandrexa de Queixa, sendo a segunda proba da Copa Galega de carreiras por montaña. A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde do Concello de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez; e o director da carreira, Diego Martínez.Rosendo Fernández destacou que a Deputación de Ourense «sempre está ao carón das iniciativas que parten dos colectivos sociais, e neste caso, cos eventos deportivos porque van asociados á saúde». A sexta edición desta proba deportiva «alberga multitude de xente tanto da zona como de outros puntos da xeografía galega e incluso española», asegurou o vicepresidente da Deputación de Ourense.Francisco Rodríguez sinalou que «esta proba discorre por unha zona con paisaxes extraordinarios, cun trazado de fortes pendentes», e lembrou o éxito que acadou en edicións anteriores con asistentes de Andalucía, Cataluña e distintos lugares de España.»Chandrexa Trail» atópase dentro do calendario da Federación Galega de Montañismo, e presenta tres probas distintas: un trail de 33 quilómetros (puntuable para a Copa Galega), un mini-trail de 20 quilómetros e unha andaina de 20 quilómetros. As categorías do trail e do mini-trail son absoluta masculino e feminino, veterano masculino de 45 en diante, e veterana feminina de 40 en adiante, e entregarase un trofeo aos tres primeiros de cada categoría tanto no trail coma no mini-trail.»Toda a carreira vai pola macizo central ourensán sendo unha proba dunha importante esixencia física, polo que hai tres anos puxemos a posibilidade de dispór dun percorrido máis curto», dixo o director da carreira.En canto aos participantes «temos máis de 200 inscritos de toda Galicia e tamén de Valencia, Madrid e Andalucía, pero ao longo destes días esperamos chegar aos 300 como na edición pasada», asegurou Diego Martínez. Os interesados en participar poderán facelo a través das web www.chandrexatrail.com ou en www.championchipnorte.com, e presencialmente en «Agromacen», en Trives, ou en «Runmaniak», en Ourense, estando aberto o prazo ata o 16 de xuño.

Deja un comentario