Mércores 10 de Agosto de 2022

O Concello abre os espazos educativos públicos para as actividades de lecer nos meses de xullo e de agosto


Catro centros escolares de Educación Primaria, as bibliotecas públicas municipais e a Aula da Natureza do río Miño acollerán actividades para rapaces con rangos de idade dos 4 aos 12 anos

A Concellería de Educación presentou esta mañá as Actividades de Verán 2016 para Escolares nos meses de xullo e de agosto. “A maior novidade deste ano é que ampliamos o horario nos centros escolares unha hora para conciliar as obrigas familiares co lecer dos pequenos”, dixo Belén Iglesias, concelleira de Educación, durante a rolda de prensa. O prazo para anotarse estará aberto do 1 ao 15 de xuño a través da Concellería de Educación (praza de San Martiño 2, 1º andar ou no teléfono 988.388.136).

Centros escolares, de 8:30 a 14:30 horas. No mes de xullo. Cota de inscrición, 10 €. Dirixido a alumnado de Educación Primaria (6/12 anos). No CEIP Amadeo Barroso -novidade desta edición-, CEIP O Couto, CEIP Mestre Vide e CEIP Prácticas.

Aula da Natureza do Río Miño, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Meses de xullo e agosto. Dirixido a alumnado de Educación Primaria (6/12 anos).
Bibliotecas Municipais, de 10:30 a 13:00 horas. Meses de xullo e agosto. Idades de 4 a 10 anos. Na BPM A Carballeira, BPM San Francisco e BPM A Ponte.

Deja una respuesta