Sábado 15 de Agosto de 2020

A xestión do Parque Botánico de Montealegre está en situación completamente legal


O goberno municipal desbota as acusacións de Ourense en Común, xa que a empresa está contratada mentres non saen as bases dun novo contrato administrativo

O Concello de Ourense informa de que a xestión do Parque de Montealegre está en situación completamente legal, xa que a empresa Bruma Xestión Ambiental S.L. Está actualmente contratada logo de que se acabase a prórroga do contrato administrativo finalizado, tal e como apunta Ourense en Común, o pasado mes de marzo. O Parque segue a funcionar a plenitude de condicións para o desfrute dos seus usuarios, e con máis actividades que nunca: os obradoiros de adultos e infantís desenvolveranse até finais de xuño, vén de presentarse unha campaña de doazón de prantas e unha exposición de bonsais e asinouse recentemente un convenio coa consellería de Argicultura para os arranxos do Parque.

Coma noutros casos, avánzase na aprobación dun novo prego de contratación para sacar de novo a concurso a concesión. O departamento de Medio Ambiente realizou, previamente ao remate do contrato, todos os trámites precisos para o novo: o prego técnico, a retención de crédito e o informe de necesidade. Namentres o departamento de contratación do Concello de Ourense, que traballa arreo na redacción do prego administrativo, a empresa segue traballando con total normalidade na realización de actividades de difusión e lecer do propio Botánico de Montealegre, coma a deste domingo (Hortos infantís).

O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, presume de que “nunca tivo tanta visibilidade e proxección o Botánico de Montealegre coma nestes últimos dez meses”, dixo.

Deja una respuesta