Sábado 26 de Setembro de 2020

O Goberno Municipal agradece o esforzo e a eficacia dos axentes da Policía Local, así como a colaboración cidadá que permitiu deter ao presunto autor da queima de varios contedores na cidade nos últimos días


O Goberno Municipal de Ourense quere manifestar o seu agradecemento ao esforzo e eficacia da Policía Local de Ourense, logo do dispositivo de localización posto en marcha na noite do domingo por mor da queima de varios contedores de lixo na cidade.

Así, o Goberno Municipal agradece este esforzo, que conseguiu deter ao presunto autor destes actos vandálicos e que estaban xerando preocupación entre a cidadanía. Tamén manifesta a súa gratitude ao Corpo Nacional de Policía, que tamén colaborou neste operativo. Do mesmo xeito que ao Corpo de Bombeiros, que evitou en todo momento que estas situacións de perigo se agravasen.
E, por suposto, á colaboración cidadá, que permitiu a rápida identificación do detido.

O Goberno Municipal tamén quere poñer en valor o esforzo posto en práctica pola Policía Local nunha fin de semana intensa onde se concentraron diversos eventos (concerto, festas do Couto, eventos deportivos como Desafío 42, e incluso incidentes como o do tiroteo no CHUO que requeriu a colaboración dos axentes coa Policía Nacional e mesmo a Guardia Civil) que requeriron duplicar os esforzos dos axentes.

Deja una respuesta