Sábado 15 de Agosto de 2020

MEISA reúne aos seus accionistas para avanzar na execución do proxecto de innivación


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na reunión que celebraron en Santiago de Compostela os accionistas de MEISA, reunión que tivo como obxectivo avanzar na execución do proxecto de innivación (instalación de canóns de neve artificial), que se vai levar a cabo na estación de montaña de Galicia, ubicada en Cabeza de Manzaneda. Na xuntanza, na que participaron xunto a Manuel Baltar a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o conselleiro delegado de MEISA, Gustavo Sanmartín, e os alcaldes de Manzaneda e Trives, David Rodríguez e Francisco José Fernández, tamén se aprobaron as contas da sociedade e propúxose unha ampliación de capital.

Deja una respuesta