Luns 17 de Decembro de 2018

‘Leonardo inédito’, no Auditorio até o mes de xuño


Son 32 óleos de temática variada, desde as paisaxes até os bodegóns ou figuras, nas que demostra o seu dominio da luz e da perspectiva

O ourensán -de Verín- Leonardo Vidal, veterano pintor con ducias de exposicións ás súas costas, expón desde hoxe e durante todo o mes de maio as súas últimas creacións no Auditorio de Ourense. A mostra está composta por 32 óleos de temática variada, desde as paisaxes até os bodegóns ou figuras, nas que demostra o seu dominio da luz e da perspectiva. Fuxindo de novas tendencias abstractas, e a través do hiperrealismo, a ollada do pintor engádelle un punto de beleza á nosa contorna máis cotiá.

Nado no Pereiro de Aguiar e afincado en Verín, descubriu a pintura da man do seu pai, afeccionado aos debuxos a lapis, plumiña ou tintas de cores. De formación artística autodidacta, Leonardo procurou o seu camiño a través do realismo e do hiperrealismo para chegar onda a fotografía non chega. “A súa pintura non é realismo estrito”, afirma o académico Francisco Pablos, “senón o aderezo imprecisable do que ve e pinta minuciosamente”.

Desde a súa primeira exposición, no Ateneo de Ourense, percorreu as galerías de todo o estado. Agora, o seu inédito poderase contemplar na planta 0 do Auditorio até o mes de xuño de 9 a 14:00 horas ou no previo das funcións que se realicen na sala principal.

Deja un comentario