Venres 14 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense e Estrella Galicia suscribirán un acordo de colaboración cultural permanente na cidade


O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director corporativo da compañía Hijos de Rivera, Antonio Viejo, acordaron os términos desta colaboración, que se presentará en próximas datas

O Concello de Ourense e Estrella Galicia (marca comercial da empresa Hijos de Rivera) suscribirán en próximas datas un acordo para colaborar na programación cultural e festiva da cidade de Ourense con carácter permanente.

Esta colaboración, que se materializará nos eventos que requira o Concello, será presentada en próximas datas cos términos nos que estará baseada.

Así o acordaron esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director corporativo da compañía Hijos de Rivera, Antonio Viejo, durante unha reunión que mantiveron na Alcaldía.

Deja una respuesta