Mércores 16 de Outubro de 2019

Inauguración da 11ª edición de Previsel, o Salón da Prevención e da Seguridade Laboral


O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na inauguración da 11ª edición de Previsel, o Salón da Prevención e da Seguridade Laboral, que se celebra en Expourense os días 13 e 14 de abril baixo o lema «Promovendo empresas saudables».Rosendo Fernández dixo que este Salón conxuga «unha triloxía clave: prevención, seguridade e saúde. Tres conceptos que todo plan de saúde laboral contempla como elemento fundamental», e engadiu, «desenvolver medidas e técnicas que poidan evitar a aparición de enfermidades e accidentes, con actuacións preventivas para promover benestar e reducir riscos, parécenos o obxectivo máis loable do ser humano para consigo mesmo».No acto tamén participou o vicepresidente da Confederación Empresarial de Ourense, Alejandro Cruz; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca; e a directora do ISSGA e presidenta do Comité Asesor de Previsel, Adela Quinzá-Torroja.O obxectivo deste Salón é fomentar a cultura preventiva entre os profesionais e a sociedade en xeral. Para iso, conta cun programa con máis de 40 actividades nas que tamén se inclúen conferencias e obradoiros especializados, dirixidos a determinados colectivos como o persoal sanitario, os mergulladores ou os traballadores dos balnearios, entre outros. Previsel consolídase como o espazo elixido por distintas institucións para impartir formación neste campo.Unha das novidades desta edición será o programa de cursos de capacitación profesional que permitirá que traballadores de diferentes sectores poidan obter un certificado que acredite a súa formación. Previsel realizará actuacións para sensibilizar á sociedade da necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos.

Deja un comentario