Venres 13 de Decembro de 2019

Presentación do «I Rallymix Concello de Piñor», proba do campionato galego de RallyMix


 

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará os días 16 e 17 de abril

A vindeira fin de semana, 16 e 17 de abril, dispútase o «I Rallymix Concello de Piñor», proba que computa no campionato galego de RallyMix. O acto de presentación tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o alcalde de Piñor, José Luis González; o impulsor do Rallymix, Iván Alonso; e o presidente da Escudería MixrallySports e director da carreira, Ignacio Davila.A Deputación de Ourense colabora con esta proba deportiva que transcorrerá polo municipio de Piñor a cal «permitirá gozar aos asistentes, ademais dun evento deportivo, das excelencias turísticas e gastronómicas que ofrece Piñor e a súa bisbarra», afirmou Rosendo Fernández. Pola súa banda, Ignacio Davila explicou o desenvolvemento da proba, que terá como «centro neurálxico» o campo de fútbol de Grobas. Na xornada do sábado «a primeira pasada será as 12.15 horas, e posteriormente faranse dúas máis. E, o domingo, teremos dúas pasadas máis que comezarán ás 10.00 horas», avanzou o director da carreira. Ao remate da proba terá lugar a entrega dos trofeos na praza do Concello de Piñor.José Luis González destacou que a celebración desta proba automobilística no Concello de Piñor «permite a difusión turística do noso municipio posto que este tipo de actividades atrae a milleiros de persoas», e adiantou que o Concello de Piñor «plantará unha árbore por cada participante inscrito na competición, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente».»O automobilismo é un deporte que move masas e que move tamén a situación económica. Hai moita paixón no noroeste da Península Ibérica por este deporte, polo que trae unha riqueza engadida á comarca onde se celebra», afirmou Iván Corral. Finalmente, o impuslor do Rallymix, Iván Alonso, dixo que a idea xurdiu a raíz de ter asistido a moitas destas probas automobilísticas «apreciamos como a xente volve a eses lugares onde se celebran, e é polo tanto, é unha boa maneira de promocionar o concello».

Deja un comentario