Luns 25 de Xuño de 2018

Nava Castro destaca que a estación de montaña de Manzaneda contribúe na consolidación de Galicia como un destino sustentable


A directora de Turismo de Galicia participou na inauguración do do Congreso Galego de Neve e Montaña, que tivo lugar na estación de montaña de Manzaneda 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira, participou na inauguración do Congreso Galego de Neve e Montaña, que tivo lugar na estación de montaña de Manzaneda.

Durante a inauguración, a responsable de Turismo da Xunta destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do destino.

Neste senso, sinalou que a práctica do esquí, o sendeirismo ou bicicleta de montaña, a escalada, ou outras moitas das actividades que pódense practicar na Estación de Manzaneda, incentivan o contacto coa natureza, primeira motivación pola que os turistas e viaxeiros elixen Galicia como destino.

A directora de Turismo de Galicia resaltou que a estación de montaña de Manzaneda constitúe un atractivo turístico con enorme potencialidade e afirmou que esta estación está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial e impulsando a desestacionalización da demanda.

Así mesmo, Nava Castro resaltou que o feito de contar na nosa comunidade cunha estación de montaña enriquece a oferta turística de Galicia e consolida o noso destino como un modelo sostible.

Destino ambiental, social e economicamente sustentable
Por outra parte, a responsable de turismo da Xunta sinalou que un dos retos actuais de Turismo de Galicia é posicionar a nosa comunidade como modelo europeo de turismo sustentable e unha das súas liñas estratéxicas céntrase na consolidación da nosa comunidade como un destino ambiental, social e economicamente sustentable procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo.

A directora de Turismo de Galicia sinalou que é fundamental que as empresas e profesionais do sector traballen tamén con base neste modelo de protección dos recursos.

Nava Castro concluíu afirmando que tanto o concello de Manzaneda como a súa estación de montaña están a contribuír a acadar este reto a través do fomento da formación e o impulso do desenvolvemento turístico sustentable.

Deja un comentario