Martes 28 de Xaneiro de 2020

Ourense terá a primeira pista de atletismo hidráulica cuberta de Galicia


 

A Deputación de Ourense que forma parte do Padroado de Expourense, aprobou unanimemente, este proxecto que será realidade antes do remate de 2016

O Padroado da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, do que forma parte a Deputación de Ourense, celebrou esta mañá unha sesión do órgano de goberno fundacional, á que asistiu o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na que se aprobou a firma dun convenio de colaboración entre Expourense e a Xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral para o Deporte, para a construción no recinto feiral da primeira pista de atletismo hidráulica cuberta de Galicia. Á reunión, presidida polo titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu tamén o responsable do departamento de Deportes da Xunta, José Ramón Lete; e os alcaldes de Ourense e San Cibrao das Viñas, Jesús Vázquez e Pedro Fernández Moreiras, respectivamente.Trala reunión o presidente da Deputación de Ourense destacou que se trata «dunha gran noticia para Ourense e para Galicia», e engadiu, «estamos preparados para acoller esta infraestrutura. Expourense é un escenario inmellorable, o escaparate nacional e internacional da provincia».»A Deputación de Ourense que forma parte do Padroado de Expourense, aprobou unanimemente, este proxecto que será unha realidade antes do remate de 2016″, asegurou Manuel Baltar.O goberno provincial está comprometido co deporte da provincia e mostra diso é que «no plan de mandato 15-19 da Deputación de Ourense, aparece con letras grandes a palabra «deporte» e aí céntrase o noso esforzo, que fai desta provincia un escenario perfecto para a práctica deportiva», sinalou Manuel Baltar, que engadiu, «exemplo disto son os deportes de auga nos nosos ríos nos que as mellores seleccións de remo do mundo preparan aquí os campionatos internacionais e Olimpiadas. Os deportes de inverno con Manzaneda como estación de esquí de Galicia, onde tamén está a Deputación de Ourense para facer o investimento de 6 millóns de euros e instalar os canóns de innivación. O Pazo dos Deportes Paco Paz co equipo de Ourense na ACB na tempada 16-17. «La Vuelta» 2016 cuxa denominación é «Ourense Termal-Madrid. E o apoio contundente ao deporte de base. En definitiva, esta noticia supón para Ourense unha gran alegría e outra palanca máis de desenvolvemento porque estamos a falar de moito máis que deporte».O conselleiro de Economía, Emprego e Industria destacou que esta colaboración entre institucións supón «unha oportunidade histórica para converter o recinto feiral de Expourense no referente do noroeste español na organización de eventos deportivos», ademais de favorecer a súa internacionalización. O acordo aprobado hoxe no Padroado levarase ó Consello da Xunta de mañá para contar co seu visto bo.»Este compromiso institucional permite un mellor aproveitamento das instalacións. Permite diversificar a actividade deste recinto feiral e aumenta o número de días de uso da instalación, o que supón un impacto económico no turismo, na gastronomía e no comercio tanto da cidade de Ourense como no resto da provincia e de Galicia», sinalou o conselleiro, quen recordou que o novo proxecto é un «reto colectivo das administracións», polo que agradeceu o apoio de todas as institucións presentes no Padroado. «Permítenos reforzar a imaxe de Ourense e de Galicia vinculada ó deporte, actividade económica, turismo e á riqueza natural», concluíu Conde.Pola súa banda, Lete Lasa salientou o feito de que Galicia vaia a albergar unha instalación destas características, das que só existen outras dúas en España. «Esta pista é necesaria para o atletismo galego. É un día moi importante para Ourense e o atletismo, e para Galicia e o deporte en xeral. Será a terceira pista hidráulica en España, un sistema innovador que permite compatibilizar os usos en Expourense».A pista contará con 6 calles en pista circular de 200 metros de perímetro, 8 calles en pista recta, zona de lanzamento de peso, zona de salto de altura, corredor de salto de lonxitude e triplo e corredor de salto con pértega.

Deja un comentario