Sábado 21 de Setembro de 2019

A Xunta de Goberno da conta das alegacións e aportacións do Concello ao proxecto de construcción da Variante Norte


 

Na xuntanza desta mañá, que se adiantou á xornada de hoxe, mércores, por ser mañá día non laborable no Concello, abordáronse un total de 17 asuntos a proposta das diferentes áreas municipais

 

Na Xunta de Goberno desta mañá, que se adiantou á xornada de hoxe, mércores, por ser mañá día non laborable no Concello, abordáronse un total de 17 asuntos a proposta das diferentes áreas municipais.

 

SERVIZO DE LICENZAS URBANÍSTICAS, DE ACTIVIDADE, APERTURA E DISCIPLINA

 

LICENZAS

 

Autorizouse a devolución unha fianza por importe de 535 euros depositada por unha veciña correspondente á obriga de mantemento e conservación das obras de urbanización vecenlladas á construción dun edificio na rúa Corredores, xa que se atopan en correcto estado, como nos indican os informes técnico e xurídico. Polo tanto, se comunica ao Servizo de Enxeñería para que se proceda a asumir o mantemento desta urbanización.

 

O outro acordo é conceder licenza de obra para proxecto básico e de execución de rehabilitación de cuberta en edificio na Avenida de Portugal, número 172. Terá un prazo de 6 meses para iniciar as obras e de 3 anos para rematalas.

 

APERTURAS

 

Acordouse conceder licenza de obra de adaptación de local para venda polo miúdo de pan na rúa Coruña, 4 planta baixa nº 1 Galerías, cun orzamento de 4.500 euros, de conformidade cos informes emitidos pola aparelladora municipal e servizo de control de riscos ambientais, que son favorables.

 

Tamén se concede a unha aseguradora unha licenza de obra para proxecto básico e de execución de reforma de local para oficinas na rúa Concejo, 3 entreplanta, cun orzamento de 35.000,00 €, de conformidade cos informes técnico e xurídico.

 

 

SERVIZO DE PLANEAMENTO, XESTIÓN URBANÍSTICA E PATRIMONIO

 

PATRIMONIO

 

Tratáronse dous expedientes. No primeiro, desestimouse a reclamación de responsabilidade patrimonial por lesións sufridas por unha veciña que caseu cando atravesaba o paso de peóns da rúa do Concello na confluencia coa rúa Juan XXIII.

 

Acordouse admitir o recurso de reposición presentado por unha veciña e ordenamos a tramitación de procedemento de responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados no seu vehículo como consecuencia dun accidente de tráfico ocurrido na estrada (OR P 000) OU-0521 Palmés-A Burata.

 

 

PLANEAMENTO URBANÍSTICO

 

Un novo paso adiante para a construción dese vial tan importanmte para a nosa ciudade como é a Variante Norte. Unha obra pendente dende hai moitos anos e que nas xuntanzas mantidas coa ministra de Fomento, Ana Pastor, o goberno municipal obtivo o compromiso de que recibirá un impulso definitivo, comezando coa súa primera fase.

 

Concretamente, se atopa en fase de información pública o expediente de aprobación provisional e incoación del expediente proyecto de construcción: Variante de Ourense. No tramo comprendido entre o Enlace de Eirasvedras coa N-120 no punto kilométrico 573 e o Enlace de Quintela coa N-120 no punto kilométrico 572,000.

 

Na sesión de hoxe da Xunta de Goberno Local tomouse coñecemento dos informes realizados polo arquitecto técnico municipal o día 18 de marzo do 2016, da arquitecta municipal de 16 de marzo e da adxudicataria do contrato de servizos de revisión e adaptación do PXOU de 15 de marzo do 2016 sobre a aprobación provisional e incoación do expediente do proxecto .

 

E remitirase o presente acordo e os informes que o integra ao Ministerio de Fomento Demarcación de Estradas aos efectos oportunos.

 

O goberno municipal sigue así traballando por unha obra dobremente estratéxica. Suporá unha sustancial mellora de infraestruturas viarias para a mellora da movilidades urbana e que cuxa execución permitirá, lembremos, acometer ese proxecto tan demandado e tan importante para a nosa cidade como é o bulevar termal.

 

 

 

 

XESTION URBANISTICA

 

Veu de novo á Xunta de Goberno Local o proxecto de urbanización da Área de Reparto 39-E, a denominada Finca de Mariñamansa.

 

Neste caso, desestimouse a alegación presentada pola Xunta de Compensación, de acordo cos motivos expostos no informe xurídico, e se denega a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, por entender informado desfavorablemente o mesmo por silencio administrativo negativo vinculante da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Así o indica o informe xurídico de 18 de febreiro de 2016 que se asume a efectos de motivación do presente acordo.

 

Tamén se desestimou a solicitude de aprobación de proxecto de delimitación definitiva, determinación de sistema de actuación e estatutos e bases de actuación da zona 6 do SU-2 do PXOU polas razóns expostas no informe xurídico.

 

 

SERVIZO DE LICENZAS URBANÍSTICAS, DE ACTIVIDADE, APERTURA E DISCIPLINA

 

Abordouse o expediente de disciplina urbanística dun edificio sito na Praza da Victoria, 1 (antes rúa Moratín, antigo 10), no ámbito do Casco vello da cidade.

 

Neste caso, se impón aos dous propietarios do edificio unha quinta multa coercitiva por importe de 2.400 euros cada un (4.800 en total), por non cumplir a orde de execución dictada mediante acordo da Xunta de Goberno Local en sesión celebrada en data 18 de outubro de 2007, consistente na orde de derrubo do edificio, previa obtención da licenza para o cal debía de presentar no rexistro xeral do concello solicitude ó efecto acompañada de proxecto técnico.

 

Advírteselles tamén de que dispoñen dun último prazo de 3 meses para cumplir a orde de execución. De non facelo, o Concello procederá á execución subsidiaria ou forzosa mediante novas multas coercitivas, reiterables mensualmente ata lograr a execución de 300 a 6.000 euros cada unha.

 

 

SERVIZO DE CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Aprobouse a ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, da explotación publicitaria do mobiliario urbano

 

Foron 3 empresas as que presentaron as súas ofertas ao concurso.

 

A proposición económica de maior cuantía é a de INCA SERVICIOS Y PROYECTOS DE INGENIERÍA CIVIL, S.A., por importe de 140.630,87 euros ao ano, 30.000 máis ca segunda mellor oferta.

 

Por ese motivo, se lle require á empresa para que no prazo de 10 días achegue a documentación precisa para se procede, adxudicar o contrato.

 

Falamos dun canon de 140.000 euros que o Concello recibirá anualmente.

 

Por catro años de contrato, prorrogables en 2 máis, máis de medio millón de euros, (560.000 en concreto, que poderían chegar a ser 840.000, en caso de producirse esa prórroga)

 

Tratouse tamén o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Arranxar.

 

A única oferta presentada se axusta técnica e económicamente ao indicado no prego, polo que se require ao licitardor para que no prazo de 10 días achege a documentación necesaria para adxudicar, se procede, o contratio.

 

 

CULTURA

 

O goberno municipal continúa coa súa aposta por enriquecer a imaxe gráfica dos certames culturais máis emblemáticos a través da convocatoria dun concurso de creatividades, aberto á participación de cantos artistas o dexen. Neste caso, será para o deseño do cartaz dunha das nosas festas máis tradicionais, como son Os Maios 2016.

 

Así, aprobáronse as bases do concurso, e o gasto por importe de 800 euros.

 

 

EDUCACIÓN

 

Desde a Concellería de Educación, aprobouse incoar procedemento de reintegro en relación coa subvención concedida á Federación Provincial de ANPAS Públicas de Ourense “As Burgas” en base ao convenio de 11 de decembro de 2014 pola cantidade de 28.485,75 €. Tamén se lle require á Federación que xustifique se recibiu máis axudas doutras administracións (a Xunta, neste caso) para comedores. O motivo do acordo son obrigas incumplidas contidas no informe de control financieiro emitido pola Intervención Municipal.

 

 

 

 

MEDIO AMBIENTE

 

Finalmente, desde a Concellería de Medio Ambiente, acordouse establecer como gasto concreto para o presente exercicio 2016 do servizo de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense, o importe de 41.722,50 €, importe polo que debe rexistrarse o compromiso para este ano adquirido coa empresa adxudicataria do contrato, SAN MAMEDE BIKE, S.L.

Deja un comentario