Xoves 15 de Novembro de 2018

O Concello de Ourense asina un convenio cos concellos de Coles, Pereiro de Aguiar, Vilamarín, Amoeiro e A Peroxa para solicitar unha axuda que permita a creación e mantemento dunha Oficina do Fomento Cooperativo e de Economía Social


 

O Concello de Ourense asinou hoxe un convenio de colaboración cos concellos de Coles, Pereiro de Aguiar, Vilamarín, Amoeiro e A Peroxa para a constitución dunha agrupación de concellos co fin de solicitar unha subvención que permita a creación e mantemento dunha Oficina do Fomento Cooperativo e de Economía Social, adheríndose á Rede Eusumo.

 

Segundo se explicita nas cláusulas do devandito convenio, que en representación do Concello de Ourense asinou o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, o obxecto deste convenio é constituir unha Agrupación de concellos para poder solicitar unha nova axuda dentro do marco da Rede Eusumo e establecer ás condicións polas que se rexerá esta Agrupación de concellos no caso de serlle concedida á subvención para a creación e mantemento da Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social en conformidade có disposto na Orde.

Deja un comentario