Sábado 18 de Agosto de 2018

Convenio de cooperación en materia de abastecemento entre a Deputación e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro


A deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, deu conta dos acordos da Xunta de Goberno da institución provincial correspondente ao venres 18 de marzo de 2016, no que destaca o convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a prestación de asistencia para a xestión do abastecemento en Alta “Razamonde–San Trocado” durante o exercicio 2016.Por parte destes concellos solicitouse da Deputación a prestación da dita asistencia para o abastecemento, e tralos estudos e negociación das posibles fórmulas acadouse un acordo en canto ás condicións da dita asistencia. O servizo prestarase pola Deputación a través da entidade AquaOurense, Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente, S.L.En contraprestación polo servizo prestado, a Deputación de Ourense percibirá a seguinte retribución económica: do Concello de Cenlle: 1.737,05 euros; do Concello de Punxín, 1.085,66 euros, e do Concello de San Amaro, 1.519,92 euros. O convenio estará vixente entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2016.Montserrat Lama destacou a importancia dos convenios de colaboración entre Deputación de Ourense e os concellos da provincia “para levar a cabo obras, servizos e infraestruturas que teñen na cooperación institucional o seu piar fundamental”.Por outra banda, a Xunta de Goberno de hoxe acordou aceptar a desistencia do Concello de Amoeiro, acordando o arquivo do expediente expropiatorio incoado pola Deputación, por delegación de competencia do devandito concello, para a execución do proxecto “Ampliación da rúa Costureiras”.

Deja un comentario