Sábado 01 de Outubro de 2022

A Mesa da Mobilidade do Concello de Ourense analizará as primeiras medidas para evitar atropelos na cidade


 

Será no centro cívico de Colón, este mércores ás 10:00 horas
O Concello de Ourense vén de convocar a Mesa da Mobilidade para este mércores ás 10:00 horas no centro cívico de Colón, unha cita da que sairán medidas concretas a curto prazo. A esta reunión, que será a segunda monográfica sobre os atropelos na cidade, están chamados todos os grupos políticos con representación no pleno do Concello, e aqueles colectivos e asociacións máis activas á hora de achegar propostas para a solución destes problemas.

Así, a Mesa analizará as primeiras medidas a custe cero, que se irán aplicando xa no día a día. Ademais, decidiranse as medidas con custe económico que se deberán incluír en partidas orzamentarias municipais ou que impliquen investimentos a máis longo prazo.

Deja una respuesta