Domingo 16 de Xuño de 2019

A rúa Santo Domingo e o barrio das Lagoas sufrirán esta tarde cortes de auga para o mantemento da rede


 

O subministro de auga cortarase desde as 16:00 ás 21:00 horas de hoxe

Lembrámosvos que esta tarde do luns, día 22, terán lugar dous cortes de subministro de auga na cidade de Ourense. Por unha banda, na rúa Santo Domingo, como consecuencia da reparación dunha fuga na toma de acometida no nº 66, e que afectará a ambos marxes da rúa no tramo comprendido entre os números 29 e 70 inclusive (entre as rúas Concordia e Bedoya). O corte prolongarase desde as 16:30 ata as 19:30 horas. Hai un total de 223 vivendas e 57 locais comerciais afectados. Pola outra, no barrio das Lagoas, para realizar obras de mellora e instalación dunha nova válvula de corte e reposición do tramo afectado por unha avaría na entrada do colexio CEIP Manuel Sueiro.

O corte do subministro nesta zona producirase tamén en horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas, e afectará as seguintes rúas:

– rúa Escultor Faílde Gago: números pares do 2 ao 14 e impares do 9 ao 21.

– rúa Luís Trabazos: número 5.

– praza Fernández Fulgosio: do número 1 ao 7

– rúa Vasco da Ponte: números pares, do 4 ao 8; e impares do 5 ao 27.

No corte de subministro están incluídos tamén o colexio CEIP Manuel Sueiro e unha Escola infantil (A Casiña), afectando ademais a un total de 333 vivendas.

Esta clase de cortes programados, informan desde a empresa concesionaria do servizo de auga en Ourense, Viaqua, son “interrupcións do servizo necesarias para realizar un mantemento imprescindible na rede de distribución e que podemos prever cunha anticipación de máis de 24 horas”. Nesta relación non se inclúen os cortes de subministración provocados por incidencias inesperadas.

Viaqua agradece a comprensión dos veciños afectados polas molestias que os cortes de subministración poidan ocasionarlle.

Deja un comentario