Luns 25 de Xuño de 2018

Entregados os premios aos gañadores do I Concurso de Cartas de Amor do Concello de Ourense


 

Esta mañá, a Escola Municipal das Artes Escénicas acolleu a entrega de premios do I Concurso de Cartas de Amor do Concello de Ourense, organizado pola Concellería de Educación e dirixido ao alumnado de Educación Secundaria.

O acto estivo presidido pola concelleira de Educación, Belén Iglesias, quen alabou a calidade das 73 cartas participantes neste primeiro certamen municipal. Antes da entrega de premios o público disfrutou de dúas curtas representacións tituladas “La lata” e “El regalo”, respectivamente, que tratan sobre sobre distintos tipos de relacións de parella e que foron interpretadas por alumnado da Escola Municipal das Artes Escénicas.

 

Das 73 cartas participantes, resultaron gañadoras as seguintes:

 

PRIMEIRO PREMIO: “Bota marrón” pseudónimo de Noelia Velo Outomuro, do IES Blanco Amor, que recibirá como premio un bolígrafo dixital intelixente e un lote de libros.

SEGUNDO PREMIO: “Enamorada” pseudónimo de Andrea Cerreda Gómez, CPR Sta Teresa de Jesús- Carmelitas, que recibirá como premio un lote de libros.

MENCIÓN ESPECIAL: “El ruiseñor” pseudónimo de Lucía Hermosilla Tamayo, do IES Blanco Amor, recibirá como premio un lote de libros.

Deja un comentario