Martes 22 de Setembro de 2020

O Concello e a AGADIC plantexan unha colaboración conxunta para planificar e artellar a programación anual da cidade de Ourense


O alcalde, Jesús Vázquez, e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, mantiveron unha xuntanza esta mañá para establecer as liñas estratéxicas que aunarán ambas institucións no eido cultural
Ourense, 01 de febreiro de 2016.-

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo para establecer as liñas estratéxicas que porán en marcha ambas institucións no eido cultural.

No transcurso deste encontro, os máximos responsables do Concello e da AGADIC sinalaron a necesidade de plantexar unha colaboración fluida, constante e conxunta para planificar e artellar a programación anual da cidade de Ourense, co fin de dotala de contidos innovadores e atractivos para o público en xeral, conquerindo así unha maior calidade na oferta cultural da cidade.

Tanto Jesús Vázquez como Jacobo Sutil coincidiron en subliñar a importancia da cooperación institucional entre o Concello de Ourense e a AGADIC para a programación cultural na cidade.

Deja una respuesta