Martes 17 de Xullo de 2018

Un plan de reestructuración de espazos municipais reportará un aforro de 187.259,16 euros anuais, que serán 749.036,64 euros en todo o presente mandato municipal


 

A Xunta de Goberno Local deu conta deste plan, que contempla a reubicación en locais propios do Concello de ata 10 dependencias municipais, co conseguinte aforro en alugueres e mantemento

 

O Concello de Ourense levará a cabo un plan de reestructuración de espazos municipais que reportará un aforro de 187.259,16 euros anuais, que serán 749.036,64 euros en todo o presente mandato municipal. A Xunta de Goberno Local deu conta deste plan, que logo presentaron en rolda de prensa o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Servizos Xerais, Jorge Pumar.

Este plan de reestructuración de espazos municipais contempla a reubicación en locais propios do Concello de ata 10 dependencias municipais, co conseguinte aforro en alugueres e mantemento.

A relación de dependencias que serán reubicadas é a seguinte:

DEPENDENCIA UBICACIÓN ACTUAL PROPOSTA DE UBICACIÓN GASTOS MENSUAIS AFORRO ANUAL
 

 

TRÁFICO

 

C/Bispo Lourenzo, 6

Vistahermosa

 

 

 

Campo da Feira

 

 

1.684,27 euros

 

 

20.211,24 euros

 

Aula CEMIT

 

C/Progreso, 44

 

 

La Molinera

 

2.642,91 euros

 

31.714,92 euros

 

RECURSOS HUMANOS

 

C/Dr. Marañón, 21

 

 

Consistorio

 

 

2.408,39 euros

 

28.900,68 euros

 

SANIDADE

 

 

C/Concordia, 20

 

Cárcere da Coroa

 

1.673,94 euros

 

20.087,28 euros

 

OMIC

 

 

C/Arcediagos, entrechán

 

 

Cárcere da Coroa

 

633,53 euros

 

7.602,36 euros

 

SERVIZOS SOCIAIS

 

 

C/Arcediagos, 3 (1º andar e 2º esq.)

 

Cárcere da Coroa

 

2.554,91 euros

 

30.658,92 euros

 

SINDICATOS

 

 

C/Arcediagos, 3 – 3º

 

 

Cárcere da Coroa

 

840,24 euros

 

10.082,88 euros

 

OFICINA TURISMO BURGAS

 

 

 

C/Burgas, 16

 

 

Xardíns Padre Feijóo

 

 

573,83 euros

 

 

6.885,96 euros

 

UNIS COUTO

 

 

C/Francisco de Moure, 2

 

 

CIMM

 

1.785,60 euros

 

21.427,20 euros

 

REXISTRO A PONTE

 

 

. Santiago, 7

 

Praza de Abastos A Ponte

 

807,31 euros

 

9.687,72 euro

 

 

TOTAL

 

 

15.604,93 EUROS / MES

 

187.259,16 EUROS /ANO

TOTAL NO MANDATO:  749.036,64 EUROS

 

 
Previamente á dación de conta deste plan, na Xunta de Goberno Local deuse conta de 8 asuntos de índole xurídica (personamentos, dación de conta de sentencias).

No apartado de licencias, concedéronse varias licencias: a unha comunidade de veciños para proxecto básico e de execución de instalación de ascensor en Marcelo Macías; a unha particular para licencia urbanística de primeira ocupación para edificio rehabilitado en Seixalbo; a unha comunidade de propitarios para proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na rúa Progreso; e a unha comunidade de veciños para proxecto básico e de execución de instalación de ascensor nun edificio da rúa Paseo.

No tocante ás aperturas, concedeuse licencia de ocupación de local para clínica de fisioterapia na rúa do Ensino.

Estimouse parcialmente un recurso de reposición contra un acordo adoptado en XGL de 23 de xullo de 2015, relativo a unha discoteca da cidade, e se acordou retrotraer o expediente ao momento da emisión dos preceptivos informes técnicos.
No que respecta ao Servizo de Contratación, declarouse deserto o procedemento aberto para a contratación do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á AVV Loureiro.
Aprobouse tamén o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, a contratación da subministración de vestiario e equipos de protección individual para o persoal dos diferentes servizos do Concello, por importe global de 911.529,75 euros (para as anualidades 2016, 2017, 2018 e 2019)

2016 258.189,13 euros
2017 249.502,94 euros
2018 194.975,24 euros
2019 208.862,44 euros
Tamén se aprobou a ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación do suministro de carburante para o parque móbil municipal.

No que respecta a planeamento urbanístico, aprobouse provisionalmente o Plan Especial de dotacións para equipamento Relixioso na estrada Vilar-Madrosende (Vilar de Astres), documento refundido, redactada de oficio.

O expediente se remite completo debidamente dilixenciado á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

En materia de Patrimonio, arquivouse un asunto relacionado por unha reclamación patrimonial polos danos nun vehículo nuns garaxes na rúa Anxel Fole. É un mero trámite, que cando se producen danos deste calibre, o Concello, a instancias das aseguradoras, require á consesionaria que alegue en concepto de reclamación patrimonial. Neste caso estimáronse as alegacións da concesionaria Viaqua e con este acto ponse fin á vía administrativa deste asunto.

No tocante a Turismo e Termalismo, Aprobouse o convenio de colaboración entre a Fundación de Feiras e Exposicións – Expourense e o Concello con motivo de Xantar 2016. Consta de 7.898 euros, IVE incluido, para a promoción turística do Concello de Ourense no Salón Galego de Gastronomía e Turismo (Xantar) na edición de 2016.

Fóra da orde do día, aprobouse o plan de seguridade e saúde das obras de rehabilitación de firme, e mellora de accesibilidade da rúa do Mercado.

É un dos proxectos cuxa execución se vai poder levar a cabo a través do convenio 1.149.143,35 euros, serán as que se acometan a través do Plan Especial de Cooperación asinado coa Deputación Provincial , que permitirá acometer obras de singular importancia para a cidade, por un importe de 1 millón 149 mil euros, que, como seguramente lembrades, nos fixeron traballar arreo e contrarreloxio para adxudicalas, grazas ao gran traballo realizado polo noso Servizo de Contratacion, en xuntas de goberno local extraordinarias os días 30 e 31 de decembro pasado.

Deja un comentario