Domingo 23 de Setembro de 2018

Nava Castro destaca o grande interese turístico, paisaxístico e arquitectónico do embarcadoiro de Santo Estevo de Rivas de Sil


A directora de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Ourense visitaron este recurso turístico para inaugurar o novo espazo público resultado da rehabilitación e mellora do seu contorno 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitaron hoxe o embarcadoiro de Santo Estevo de Rivas de Sil para inaugurar o novo espazo público resultado da rehabilitación e mellora do entorno do Edificio de Recepción e a estrada de acceso deste recurso turístico situado no corazón da Ribeira Sacra.

En declaracións aos medios, a responsable de Turismo da Xunta explicou que o obxectivo da intervención, que levou consigo un investimento de 192.000 euros, foi mellorar estas instalacións de atención aos visitantes, facéndoas máis confortables, e mellorar a accesibilidade e imaxe da contorna, feito necesario debido a gran afluencia de visitantes.

“Con esta actuación condicionouse, así, unha zona de grande interese tanto turístico, como paisaxístico e arquitectónico que resultaba fundamental conservar e á vez explotar ampliando as posibilidades para que máis visitantes a coñezan”, afirmou Nava Castro.

Segundo sinalou a directora de Turismo de Galicia as actuacións concretas levadas a cabo foron o acondicionamento e mellora do acceso á área de embarque do servizo de catamaráns, a creación dunhas áreas de aparcamento axeitadas tanto para autobuses como para turismos, a creación dunha senda peonil separada do tráfico rodado e a adecuación do pavimento existente no contorno inmediato do edificio, eliminando desniveis e facéndoo continuo para facilitar o tránsito dos peóns.

“Grazas a estas actuacións logramos mellorar a accesibilidade, acrecentar o confort dos visitantes e lograr unha maior integración na paisaxe evitando calquera tipo de impacto medioambiental e paisaxístico”, destacou a responsable de Turismo da Xunta.

Firme aposta
Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia fixo referencia á firme aposta da Xunta de Galicia polo impulso da Ribeira Sacra plasmada, segundo explicou, a través de convenios de colaboración, da adecuación e rehabilitación de espazos e recursos, da posta en marcha de novos produtos ou da potenciación das festas declaradas de interese turístico.

Neste senso, Nava Castro destacou o apoio á candidatura da Ribeira Sacra para converterse no novo ítem Patrimonio da Humanidade da nosa comunidade. “Tanto as administracións autonómicas como o sector empresarial estamos implicados con esta declaración, co fin de outorgar esta distinción de carácter internacional a unha das rexións máis singulares do territorio nacional”, afirmou.

Destino consolidado
Por outra parte, a responsable de Turismo da Xunta resaltou que a contorna dos embarcadoiros dos catamaráns que navegan polos Canóns do río Sil constitúe un recurso turístico de gran reclamo.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia afirmou que a Ribeira Sacra é un destino turístico consolidado que cada vez é mais demandado polos turistas que acoden a Galicia.

O pasado ano 2015 o xeodestino Ribeira Sacra rexistrou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros, do 12,51% en relación ao ano 2014, situándose en 173.302.

Esta mellora tivo lugar tamén nas pernoitas que se situáronse nas 258.276, ao rexistrar un incremento do 9,74%.

Este aumento da demanda traduciuse nun incremento da ocupación no xeodestino de máis de 2 puntos porcentuais.

Deja un comentario