Domingo 16 de Xuño de 2019

Aberto ata o 10 de febreiro o prazo para participar no Concurso de Fotografía «Mascotas adoptadas responsablemente»


 

Ata o día 10 de febreiro está aberto o prazo para participar no primeiro concurso de fotografía «Mascotas adoptadas responsablemente», que convoca a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Esta actividade forma parte da campaña de sensibilización posta en marcha polo Concello para concienciar sobre a adopción responsable de mascotas, lembrando que as mascotas non son xoguetes, senón un compromiso para toda a vida.

 

Poderá participar calqueira persoa maior de 18 anos que adoptase un animal no albergue municipal. As fotografías deben ser orixinais que non estean á espera da decisión do xurado ou resultasen premiadas noutro concurso ou certame fotográfico.

 

O tema principal será a adopción de mascotas, referíndose a animais adoptados no albergue de animais municipal de Ourense. O obxectivo é potenciar as adopcións responsable para obter maior calidade de vida dos animais.

 

Cada concursante poderá presentar un máximo de 2 fotografías. As obras deberán entregarse en papel fotográfico sen ningún tipo de montaxe nun formato aproximado de 20x30cm.

 

O certame está dotado cun Primeiro Premio de 500€, un segundo de 200€, e catro Accésits dotados con 70€ cada un

 

As bases poden consultarse na páxina web www.ourense.gal

Deja un comentario