Domingo 23 de Setembro de 2018

O Concello acorda a ordenación decrecente de ofertas para dúas obras máis: a rehabilitación do firme e mellora da accesibilidade da rúa do Mercado e a do proxecto de saneamento na Besada, en Santa Mariña


Unha xunta de goberno extraordinaria estudou as ofertas presentadas polas empresas licitadoras

A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Ourense celebrou unha sesión de carácter extraordinario na que se deu conta de dous asuntos referidos ao servizo de contratación. Concretamente, as ordenacións decrecentes das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, dos proxectos para a rehabilitación do firme e mellora da accesibilidade na rúa do Mercado e a do proxecto de saneamento na Besada, en Santa Mariña.

Os acordos de hoxe súmanse aos catro adoptados onte (en dúas sesións extraordinarias da Xunta de Goberno Local), referidos aos proxectos de urbanización da rúa Concello; ao da rehabilitación da pasarela peonil sobre o río Barbaña; así como os de instalación eléctrica de baixa tensión para a videovixiancia do polígono de Seixalbo e do asfaltado das rúas Capela, Pazo e Canedo, no núcleo de Eirasvedras.

As empresas coas mellores ofertas presentadas deberán presentar agora a documentación esixida no Rexistro do Concello e, a partir de aí, a mesa de contratación proporalle á Xunta de Goberno Local a adxudicación definitiva de cada un dos proxectos.

Deja un comentario