Mércores 10 de Agosto de 2022

O Concello acorda a ordenación decrecente de ofertas para catro obras, entre elas as da rúa Concello e a da rehabilitación da pasarela do Barbaña


 

Dúas xuntas de goberno extraordinarias celebradas estudaron as ofertas presentadas polas empresas licitadoras

A Xunta de Goberno Local (XGL) do Concello de Ourense celebrou senllas sesións de carácter extraordinario nas que se deu conta de catro asuntos referidos ao servizo de contratación. Concretamente, as ordenacións decrecentes das ofertas presentadas para a contratación de diferentes proxectos en fase de adxudicación.

Na primeira das Xuntas de Goberno, deuse conta da ordenación decrecente das ofertas presentadas para a contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de urbanización da rúa Concello. Igualmente, deuse conta das ofertas para o proxecto modificado de instalación eléctrica de baixa tensión para a vídeovixiancia do polígono industrial de Seixalbo e, finalmente, as ofertas presentadas para as obras de asfaltado nas rúas Capela, Pazo e Canedo, no núcleo de Eirasvedras.

Nunha segunda xunta extraordinaria, o Concello deu conta das ofertas presentadas para levar a cabo o proxecto de rehabilitación da pasarela peonil sobre o río Barbaña.

As empresas coas mellores ofertas presentadas deberán presentar agora a documentación esixida no Rexistro do Concello e, a partir de aí, a mesa de contratación proporalle á Xunta de Goberno Local a adxudicación definitiva de cada un dos proxectos.

Deja una respuesta