Luns 03 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense pasa a ser vogal na “Red de Ciudades por la Bicicleta”


 

O concelleiro de Transporte Público, José Araújo, representou ao Concello de Ourense na primeira reunión da nova Xunta Directiva desta rede, que tivo lugar esta mañá en Madrid

 

O Concello de Ourense é vogal na nova Xunta Directiva da “Red de Ciudades por la Bicicleta”. O concelleiro de Transporte Público, José Araújo, representou ao Concello de Ourense na primeira reunión da nova Xunta Directiva desta rede, que tivo lugar esta mañá en Madrid.
Nesta primeira toma de contacto establecéronse os obxectivos para implantar e fomentar o uso da bicicleta en diferentes cidades e municipios.
A Rede de Cidades pola Bicicleta é unha asociación composta por entidades locais que ten por obxecto a xeración dunha dinámica entre as cidades españolas co fin de facilitar, facer máis segura e desenvolver a circulación dos ciclistas, especialmente no medio urbano.

De feito, o concelleiro José Araújo puxo de manifesto que moitos dos aspectos que se abordaron neste encontro serán trasladados á Comisión pola Mobilidade que está constituida en Ourense, co fin de coordinar propostas e analizar medidas que se puxeron sobre a mesa en Madrid, como é a dotación de zonas seguras de aparcamento para bicicletas, a promoción do cicloturismo como motor económico local, o apoio ás empresas de mensaxería que apostan pola bicicleta para os repartos, facilitar a intermodalidade entre a bicicleta e o transporte público e, en definitiva, promover o uso da bicicleta nos percorridos urbanos.

A Rede de Cidades pola Bicicleta foi creada no 2009 durante a celebración das II Xornadas da Bicicleta Pública en Sevilla, naquel momento xa foron máis de 30 os municipios que se quixeron adherir. Actualmente son case 70 os socios da entidade, que representan a máis de 150 cidades españolas.
Os obxectivos da Rede son:

 Impulsar iniciativas para conseguir que o desprazamento en bicicleta sexa máis seguro.
 Intensificar a promoción da bicicleta e despregar o seu potencial.
 Incrementar as infraestructuras para o uso da bicicleta.
 Defender o potencial da bicicleta como vehículo silencioso, limpo, asequible e sostenible ante a opinión pública.
 Promocionar o uso da bicicleta como ferramenta de movilidad alternativa ao coche e á moto nos desprazamentos curtos.

Deja una respuesta