Domingo 21 de Outubro de 2018

A xustiza ratifica a continuidade e legalidade do uso hoteleiro do Castelo de Monterrei


 

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense fixo publica no día de hoxe a sentenza sobre a licenza de obra para a rehabilitación da fortaleza de Monterrei como Parador Nacional

Turismo de Galicia valora de maneira moi positiva a sentenza emitida polo xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en relación á licenza de obra para a rehabilitación da fortaleza de Monterrei como Parador Nacional.

Dende a Xunta de Galicia considérase moi favorable a resolución xa que permite continuar co uso hoteleiro do castelo.

A sentenza desestima todos e cada un dos argumentos impugnados pola plataforma en defensa do Castelo de Monterrei.

A resolución considera improcedente a nulidade do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e confirma o debido cumprimento dos trámites necesarios segundo a categorización da fortaleza de “Monumento Histórico-Artístico” afirmando que respectouse o procedemento legalmente establecido.

Por outra parte, o xulgado do Contencioso-Administrativo afirma que o Plan Xeral de Ordenación Municipal habilita a Ordenanza Especial para a regulación da actuación no sendo necesario un Plan Especial de Protección.

Así mesmo, considera a interpretación realizada pola Administración da ordenanza municipal como lóxica polo que non admite facer especial imposición de costas.

O Tribunal inclínase pola interpretación da ordenanza favorable os recorrentes que constitúe un tecnicismo sobre os requisitos permitidos en relación ao número de habitacións. Turismo de Galicia disente desta interpretación xa que considera que o número máximo de habitacións debe entenderse referido a cada un dos edificios, e non como conxunto dun solo edificio, polo que procederá a recorrer o fallo do Tribunal ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Neste senso, Turismo de Galicia considera que, se chegase a ser necesario, poderíase modificar cunha solución fácil e áxil.

En conclusión, a sentenza ratifica que a Xunta de Galicia actuou sempre en todo momento baixo un marco legal e con profesionalidade e confirma a continuidade e legalidade do uso hoteleiro do Castelo de Monterrei.

Deja un comentario