Sábado 21 de Setembro de 2019

Máis de 6.000 pinchos vendidos no concurso Sabores de Ourense Outono 2015, que gañou a Porta da Pía


A sala Valente acolleu esta mañá a gala de entrega de premios do 8º concurso de pinchos Sabores de Ourense – Outono 2015

O oitavo concurso de pinchos Sabores de Ourense, na edición de Outono 2015, fixo entrega onte dos premios aos gañadores do certame e ao público que participou activamente nas votacións. Foi a sala Valente o lugar escollido por Concellería de Turismo e Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO); organizadores do evento, para repartir os máis de 30 premios que se entregaron. Ao acto, con inxente representación de locais premiados, non quixo faltar a concelleira de Turismo, Isabel Castelo, quen se ausentou do pleno fugazmente, así coma o secretario da UHO, Javier Outomuro, membros do xurado e representantes das empresas colaboradoras.

Logo do reconto dos votos, a organización estima que se superaron os 6.000s pinchos servidos no concurso tras recontar 2.994 papeletas de votación en 10 días de concurso (para encher as papeletas era preciso ter o selo de tres establecementos). Entre os premios, o máis significativo foi para a Porta da Pía, gañador do 1º Premio do Xurado con ‘A dorna’, que representará a Ourense no concurso autonómico da Xunta “De Tapas por Galicia”.

Palmarés do #Saboresdeourense Outono2015:

Xurado Profesional
Composto por Antonio Aguarón, representante da Axencia de Turismo de Galicia en Ourense, Pepe Cadavedo, xornalista gastronómico, Eva Fachada, da Escola de Hostelería de Vilamarín, Ángel Moretón, director do certame de pinchos de Valladolid, e Rubén Amorín, blogueiro gastronómico.

• 1º premio: Porta da Pía, polo pincho A Dorna da Porta da Pía.
• 2º Premio: La Estación de Loman , por Rampa de Pajares.
• 3º Premio: Tapa Negra, por Puro Outono

Premio do Público (2.994 papeletas recollidas)
• 1º Premio: Atarazana, por Bienmesabe (283 votos)
• 2º Premio: La Gula, por Arume (200 votos)
• 3º Premio: Tapa Negra, por Puro Outono (168 votos)

Xurado da Prensa
Composto por Santiago Amil (La Voz de Galicia), Miguel Bernárdez (Cadena SER), Miguel Nóvoa (Onda Cero) e Ramsés Torres (Ourense por Barrios).

• O Bodegón da Avenida de Marín por Truco ou trato.

Premio Pincho Celíaco
Outorgado pola delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia.

• La Estación de Loman , por Rampa de Pajares.

Premio da App #SaboresdeOurense

• O’Cogumelo, por O Leito do Cogumelo

Deja un comentario