Domingo 09 de Decembro de 2018

A Secretaría Xeral da Igualdade aposta pola promoción das mulleres emprendedoras no medio rural


 

A titular de Igualdade, Susana López Abella, foi a encargada de clausurar as “Xornadas de Desenvolvemento Rural” no Balneario de Laias

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, clausurou as “Xornadas de Desenvolvemento Rural”, que tiveron lugar no Balneario de Laias, onde destacou a importancia de seguir traballando na promoción do emprendemento das mulleres no rural e na procura de nichos de riqueza inexplorados no sector para o seu aproveitamento.

Susana López Abella destacou que para levar a cabo este propósito, a Administración galega traballa no fomento de actividades que permitan unha transformación máis competitiva para o avance do medio rural, conseguindo desta maneira xerar novas oportunidades de emprego, especialmente para as mulleres.

Ademais, tamén recordou na súa intervención que o VI Plan galego para a Igualdade de mulleres e homes do Goberno galego inclúe entre os seus obxectivos estratéxicos o “aproveito do talento feminino”, que persegue acadar una maior participación de mulleres no desenvolvemento económico e social da Comunidade, para aumentar as bases dun tecido produtivo máis competitivo e fomentar ao mesmo tempo unha organización empresarial máis comprometido coa igualdade de xénero.

Finalmente, destacou que as mulleres emprendedoras rurais son exemplo de innovación, creatividade e empoderamento, logrando profesionalizarse e incorporarse ao mercado laboral á vez que constitúen motores para a economía rural, impulsando e aproveitando os novos depósitos de emprego derivados da multifuncionalidade do medio rural e a súa modernización.

Deja un comentario