Xoves 22 de Agosto de 2019

O pleno da Deputación aproba o Plan de cooperación ás obras e servizos do Concello de Ourense


 

O acordo permitirá realizar as obras de mellora da rúa Concejo, a pasarela do Parque Barbaña e obras de infraestruturas, abastecemento e humanización Eiroás, Seixalbo, rúa do Mercado e Santa Mariña

O pleno ordinario da Deputación de Ourense correspondente ao mes de outubro de 2015 aprobo a Plan Especial de Cooperación ás Obras e Servizos do Concello de Ourense 2015-2016, que permitirá realizar as obras de mellora e humanización da rúa Concejo e da pasarela peonil do Parque Barbaña, xunto co acondicionamento e renovación do firme na Praza Eiroás e na rúa do Pazo; a rede de abastecemento A Besada-Santa Mariña; a humanización na Canella do Barbaña-Pozo do Inferno; a instalación eléctrica para a vídeo-vixilancia no Polígono empresarial de Seixalbo, e a rehabilitación do firme e adecuación de accesibilidade da rúa do Mercado.

O Plan cofinánciase na súa integridade pola Deputación de Ourense e o Concello de Ourense, ascendendo o orzamento total das obras a 1,6 millóns de euros.

Outros acordos do pleno de hoxe foron os seguintes:

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PARA O ANO 2015

Acordo:

1º.- Aprobar a modificación, no que se refire á especificación do capítulo VII de gastos, experimentando as seguintes variacións:
Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Trasmiras para subministro de elementos para parque infantil. En base ao escrito remitido polo Concello de Trasmiras en data 20/10/2015, sería convinte o cambio de finalidade de dita subvención debido á existencia de outra obra de maior prioridade:

– 450.12/762.01. A Concellos. Cooperación provincial:

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Trasmiras Sinalización e pintura de viarios municipais
50.000 €

2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

MODIFICACIÓN DAS TARIFAS DO SERVIZO DE APARCAMENTO EN ROTACIÓN HORARIA DA CONCESIÓN DO APARCADOIRO ANEXO AO HOSPITAL SANTA MARÍA NAI (CHUOU)

Acordo:

Primeiro: Aprobar as tarifas do servizo de aparcamento en rotación horaria da concesión administrativa para a construción e explotación dun aparcadoiro nos terreos anexos ao Hospital Santa María Nai (CHUOU), de acordo co seguinte cadro e a proposta do concesionario (NRE 10847):

TARIFA IMPORTE OBSERVACIÓNS
Primeiros 5 minutos 0,05 €/min. *Tarifa xeral
Resto do tempo 0,025 €/min. *Tarifa xeral
Bono 4 días 30,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono 7 días 42,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono 15 días 59,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono 1 mes 90,00 € *Pódese saír as veces que se queira con distintos vehículos.
Bono empregados CHUOU
(200 horas) 40,50 € *Pódese saír as veces que se queira, con caducidade 1 ano.
Bono 30 horas 29,00 € *Ata agotar o saldo, caducidade de 1 mes.
Bono residentes 39,00 € *De luns a venres de 19.00 a 09.00 horas e sábados, domingos e festivos as 24 horas.
Ticket disuasorio 7,50 € *Paga por adiantado, unha única saída e caducidade 24 horas.
*Todas as tarifas, excepto as xerais, por un prazo de 1 ano.
Segundo: As presentes tarifas serán eficaces dende a data do acordo de aprobación, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica da Deputación, para xeral coñecemento.

APROBACIÓN DO PLAN ESPECIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DO CONCELLO DE OURENSE (2015-2016)

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente o Plan Especial de Cooperación ás obras e servizos do Concello de Ourense (2015-2016), co seguinte contido:
Constitúe o obxecto do presente Plan Especial de Cooperación ás Obras e Servizos do concello de Ourense (2015-2016) articular a cooperación e asistencia económica deste Deputación ás obras, todas elas de competencia municipal, promovidas polo concello que de seguido se detallan:

OBRA ORZAMENTO
Rehabilitación de pasarela peonil sobre o río Barbaña 100.499,56 €
Acondicionamento e renovación do firme na Praza Eiroas e rúa do Pazo 126.681,85 €
Rede de abastecemento A Besada-Santa Mariña 128.063,12 €
Humanización na rúa Concejo 766.124,39 €
Humanización na Canella do Barbaña-Pozo do Inferno 234.700,19 €
Instalación eléctrica de BT para videovixiancia no Polig empresarial de Seixalbo 105.018,50 €
Rehabilitación de firme e adecuación de accesibilidade da rúa do Mercado 101.742,56 €

Someter o plan a información pública por prazo de dez (10) días hábiles mediante anuncio no BOP. De formularse alegacións, serán resoltas polo Pleno. Se non se formulan alegacións o Plan considerarase definitivamente aprobado, publicándose integramente no BOP.

MODIFICACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2015, RELATIVA Á OBRA MUNICIPAL N.º 46/POS/2015 DO CONCELLO DE LOBIOS

Acordo:

Acordar a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2015 no relativo ó concello de Lobios, incorporando ó plan principal –en substitución da obra n.º 46/POS/2015 denominada “Reparación de levadas e construción de muro e beirarrúas no Concello de Lobios”- a obra denominada “Mellora no depósito de abastecemento de Os Baños (Riocaldo), construción de local anexo para almacén de equipamento deportivo, construción de muro e beirarrúas no Concello de Lobios” cun orzamento total de execución de 50.000,00 €.

APROBACIÓN DA MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO PARA A INCLUSIÓN DOS MUNICIPIOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES NOS PLANS FEDER PARA O PERIODO 2014-2020

Acordo:

Instar ao Goberno Central para que inclúa ás Deputacións e núcleos urbanos menores de 20.000 habitantes como beneficiarios destes fondos europeos no período 2014-2020.
Solicitar á Comunidade Europea a presenza das Deputacións e dos municipios rurais en programas de Desenvolvemento Urbano Sustentable, sen límite de poboación, creando unidades funcionais susceptibles de ser recoñecidas a efectos de financiamento.
Instar ao Estado, á FEMP e á FEGAMP dende esta Deputación provincial de Ourense, para que tomen as medidas precisas para lograr o recoñecemento das zonas rurais no contexto do Desenvolvemento Urbano Sustentable cofinanciado polos fondos FEDER para o período 2014-2020.

Dar conta destes acordos ao Goberno Central, á FEMP e á FEGAMP.
APROBACIÓN DA MOCIÓN RELATIVA Á REDUCCIÓN DO NÚMERO DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL EN OURENSE PREVISTA NAS BASES REGULADORAS DO NOVO PROGRAMA LEADER 2014-2020

Acordo:

O Pleno da deputación insta ao Goberno Galego a revisar a proposta de bases reguladoras do novo programa Leader 2014-2020 elaborado por AGADER e que concretamente na provincia de Ourense manteña o número de grupos actuais permitindo a elaboración dunha política de desenvolvemento rural baseada na realidade local, que permita unha verdadeira participación dos axentes sociais do territorio e que teña efectos positivos na dinamización económica, social e demográfica así como a optimización das dinámicas iniciadas no anterior período e dos medios materiais existentes nos diferentes grupos.

APROBACIÓN DA MOCIÓN RELATIVA Á INSTALACIÓN DUNHA PISTA DE ATLETISMO EN EXPOURENSE

Acordo:

Que a Deputación, a través dos seus representantes no Padroado de Expourense, apoien que a pista indoor que a Federación Galega de Atletismo e a Xunta de Galicia pretenden situar e instalar en Galicia sexa situada en Expourense.

APROBACIÓN DA MOCIÓN RELATIVA A LUMES FORESTAIS

Acordo:

Esixir á Consellería de Medio Rural e á Xunta de Galicia que activen unha política de prevención e extinción de incendios forestais que contemple as particularidades da provincia de Ourense dende a súa planificación ata a súa posta en marcha.

Instar á Xunta de Galicia e, especificamente, á Consellería de Medio Rural a que poña en marcha a xestión integrada de forma pública do servizo de prevención e extinción de lumes forestais na provincia de Ourense.

Esixir á Xunta de Galicia a que desenvolva unha política de valoración da masa forestal existente na provincia de Ourense mediante políticas activas de emprego forestal e que dote orzamentariamente este desenvolvemento.

ADHESIÓN Á MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
APROBACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DE EMERXENCIA QUE SE ESTÁ A VIVIR NOS CAMPAMENTOS SAHARAUIS

Acordo:

Aprobar unha axuda de emerxencia para a provisión de tendas, mantas e enseres básicos destinados á poboación saharaui refuxiada nos campamentos que se atopa á intemperie, que se canalizará a través da media lúa vermella Saharaui Nº Conta (A Banca) ES51 2080 5409 11 3040113236. A Media Lúa Vermella Saharaui, organismo que fixo o chamamento internacional e que ten presenza continua nos campamentos, será a responsable da xestión dos fondos e a adquisición e distribución das tendas atendendo a criterios de necesidade de atención e urxencia. A poboación beneficiaria serán unidades familiares que perderon as súas casas por causa das inundacións.

Deja un comentario