Luns 24 de Febreiro de 2020

Economía, emprego e industria destaca o papel do salón do automóbil de Ourense como o mellor escaparate do sector


 

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participou hoxe en Expourense na sétima edición desta feira na que están presentes 24 marcas e na que se poden ver ata o domingo as principais novidades para o vindeiro ano

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou esta mañá en Expourense na inauguración do Salón do Automóbil de Ourense, que se celebra ata o domingo coa participación de 24 marcas e todos os concesionarios oficiais da provincia.

Na súa intervención, a representante da Consellería de Economía, Emprego e Industria destacou o papel desta feira como “o mellor escaparate” dun sector de especial relevancia para a economía de Ourense e de Galicia.

Na sétima edición desta feira, organizada de forma conxunta por Expourense e Acauto (Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense), poden verse en horario de mañá e tarde os diferentes modelos á venda, así como as principais novidades para o vindeiro ano. Do 30 de outubro ao 1 de novembro daralle continuidade o salón de vehículos de ocasión.

Deja un comentario