Sábado 18 de Agosto de 2018

O Presidente da Deputación de Ourense acude á inauguración da X Feira do Viño de Monterrei


A décima edición da Feira do Viño de Monterrei comezou na Praza da Alameda de Verín. O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, alí presente, reafirmou o apoio da Deputación de Ourense ao sector vitivinícola provincial. Na inauguración da Festa do Viño de Monterrei fixo un novo chamamento á importancia do “ noso sector primario, o Estudo Promercado da Deputación subliña a calidade dos nosos productos: viño, pataca, castaña, pementos e a aposta pola calidade que todos debemos reforzar”.

Manuel Baltar lembrou a canle de comunicación permanente cos catro consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas da provincia e a colaboración económica que visualizarase nos orzamentos da institución provincial para o 2016.

O presidente provincial alabou “o comportamento do sector en Monterrei, a calidade dos seus viños e a innovación tecnolóxica feita nas adegas nos tempos recentes”. Manuel Baltar define a Deputación como “aliada estratéxica dunha denominación que ten moito futuro por diante e un presente magnífico”.

O pregón deste ano correu a cargo de Manuel Villanueva, director de contidos de Mediaset España, que daba o pistoletazo de saída a este fin de semana festivo no Concello de Verín.

Deja un comentario