Sábado 20 de Outubro de 2018

O Piragüismo de competición volta a Castrelo de Miño


 

Un convenio asinado entre a Federación e o Concello permite a volta a Castrelo das probas de piragüismo

O concello de Castrelo de Miño aposta por diversificar os usos deportivos do parque náutico. Nos últimos anos, a maiores de probas náuticas, as instalacións do parque náutico demostraron que están habilitadas para a organización de probas como ciclismo, enduro, triatlón, btt, aindainas, campionatos de pesca…

En probas náuticas, o remo, a vela e o windsurf son as probas que se viñan realizando. Nesta aposta pola diversificación no ano 2014, o concello tras chegar a un convenio coa federación de motonáutica tamén se recuperaron as probas de motonáutica, celebrándose desde aquela varias competicións.

Neste ano 2015, se ben Castrelo de Miño sigue sendo o referente do mundo do remo, o concello levaba tempo tentando recuperar as probas de piragüismo. O piragüismo é o “deporte maioritario” no mundo náutico, con grandes éxitos, como campíons olímpicos como David Cal ou campionas do mundo como Teresa Portela.

Neste ano 2015 as conversas entre a federación galega de piragüismo e o concello de Castrelo de Miño permitiron chegar a un acordo para que o piragüismo volte a Castrelo de Miño.

Deja un comentario