Sábado 18 de Agosto de 2018

A Xunta salienta as vantaxes no acceso ás axudas para os concellos que apostan pola cooperación


 

Alfonso Rueda visitou hoxe as actuacións levadas a cabo nos concellos de Esgos, Baños de Molgas e Paderne de Allariz ao abeiro do canon eólico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado dos alcaldes de Esgos, Baños de Molgas e Paderne de Allariz, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo ao abeiro das subvencións do Fondo de compensación Ambiental, onde destacou as vantaxes existentes no acceso a subvencións e axudas para aqueles concellos que se presentan conxuntamente.

Alfonso Rueda, que estivo tamén acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Mártinez, comprobou in situ a optimización enerxética de instalacións de alumeado público levada a cabo en varias zonas destes concellos, cun orzamento de 100.000 euros dos que a Xunta aporta a metade.

Grazas a esta obra financiada con Fondo do canon eólico mellórase a eficiencia enerxética das instalacións de alumeado e por consiguiente lograse unha mellora ambiental mediante a redución das emisións de gases e un importante aforro económico para as arcas municipais, ademais de disminuir a contaminación alumínica.

Estanse a subvencionar grazas ao canon eólico múltiples iniciativas, como mellora do saneamento e depuración de augas residuais, as melloras no abastecemento dos suministros de auga potable, a eficiencia enerxética, a recuperación de espazos naturais ou a dotación de medios materiais e humanos para a conservación ambiental, entre outras moitas actuacións.

Estas actuacións redundan nas arcas municipais, pero sobre todo nos veciños e no medio ambiente, porque son actuacións vinculadas á conservación e o desenvolvemento do medio, beneficiando sobre todo a municipios pequenos e do interior de Galicia. Así, por sexto ano consecutivo, grazas a este Fondo son numerosos os concellos galegos que se ven beneficiados directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia; posto que se financia a través do canon eólico, que permite aos concellos sufragar actuacións que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

O Fondo de Compensación Ambiental, na liña competitiva, repartiu o ano pasado 1,7 millóns de euros para un total de 53 proxectos, que benefician a 88 concellos. Por provincias, Ourense foi a zona onde máis proxectos se levaron a cabo cun total de 20, seguida de Coruña con 13, Lugo con 12 e Pontevedra con 8.

Deja un comentario