Luns 08 de Marzo de 2021

O PP reclama un estudo do consumo de hipnosedantes durante a pandemia do COVID


O senador Francisco Fernández afirma que durante o estado de alarma “a dispensación de ansiolíticos incrementouse entre un 10 e 15%”

O senador do Grupo Parlamentario Popular por Ourense, Francisco Fernández, reclamou ao Goberno, nunha moción debatida na Comisión Mixta para o Estudo do Problema das Adiccións, a elaboración dun estudo exhaustivo sobre o incremento no consumo de hipnosedantes durante a pandemia por COVID 19 e así poder coñecer as causas e os seus efectos na poboación.
Ademais, a iniciativa dos populares pide ao Executivo “realizar unha campaña de información e sensibilización á poboación, alertando do risco do consumo abusivo destas substancias sen o preceptivo control e seguimento médico e dos seus posibles efectos a longo prazo”.
Durante a súa intervención na Comisión, Francisco Fernández explicou que os hipnosedantes, principalmente as benzodiacepinas, só deben consumirse baixo prescrición médica, “aínda que moitas veces prolónganse no tempo máis aló desta recomendación, xerando unha serie de riscos para a saúde da poboación, como é o un aumento de máis do 40% do risco de caídas en anciáns tratados con benzodiacepinas”.
O senador do PP asegurou que hai que “actuar #ante o problema de saúde pública que supoñen estes medicamentos”, xa que durante o estado de alarma “a dispensación de ansiolíticos en farmacia comunitaria con cargo ao Sistema Nacional de Saúde incrementouse entre un 10 e 15%”.

GPP SENADO
Así mesmo, Fernández sinalou que os hipnosedantes son a terceira adicción dos españois, despois do alcol e do tabaco. “Son fármacos que producen un efecto calmante, relaxante, reducen a ansiedade e producen certo adormecemento, pero teñen efectos adversos, como somnolencia e ataxia, que na maioría dos casos débense ao seu consumo prolongado”, subliñou.
“Se falamos de substancias psicoactivas, xa sexan legais ou ilegais, detéctase que houbo un envorco no seu consumo e, todo iso, agravouse pola situación de fatiga pandémica que vivimos, e na que unha parte significativa da poboación está a experimentar impactos emocionais orixinados por despedimentos, problemas de convivencias ou duelos, por citar algúns deles, que favorecen o incremento do uso de medicamentos hipnosedantes”, destacou.
Neste sentido, o senador popular ha lembrado o estudo realizado en España entre os anos 2000 e 2012, que evidenciou un aumento do 57,4% no consumo de ansiolítico e hipnóticos; así como o estudo IDADES do Ministerio de Sanidade, publicado o pasado 21 de decembro, que estima que o 4,3% da poboación maior de 64 anos, máis de 400.000 persoas, sofre trastornos ocasionados polo consumo de hipnosedantes.
Por este motivo, Francisco Fernández afirmou que este tipo de fármacos “xamais deberían ser tomados sen prescrición e supervisión médica, porque poden crear tolerancia e posteriormente dependencia”, aínda que puxo de manifesto que un 1,3% da poboación tómano sen prescrición médica.
Por último, o senador do PP por Ourense remarcou o compromiso do seu partido por atallar este problema e demandou “respostas viables e que aproveiten os recursos sanitarios dispoñibles para solucionalo, por iso pídolles o apoio a esta moción”.

Deja una respuesta