Ante a folga decretada polo comité de empresa de Urbanos Ourense, empresa concesionaria do transporte público de viaxeiros, o Concello garante os servizos mínimos establecidos durante o proceso de negociación.
Así, haberá un servizo de un autobús en todas as liñas -agás nas 17, 19 e 21, que se habilitarán en función da dispoñibilidade- e garantirase o último horario de cada servizo na totalidade das liñas. Igualmente, as expedicións que se iniciasen antes das 8:00, 13:00 e 19:00 horas deben rematar o seu percorrido completo, aínda no caso de que ao iniciarse o paro non contemplasen o traxecto.
O Concello acata o dereito fundamental á folga dos traballadores en defensa dos seus intereses, pero esixe a garantía do mantemento, durante o exercicio da folga, doutras liberdades, dereitos e bens constitucionalmente protexidos, caso dos “servizos esenciais para a comunidade” como é o o transporte colectivo urbano de viaxeiros, de conformidade co disposto no artigo 26.1.d) da Lei 7/1985, de 2 de abril nos municipios de máis de 50.000 habitantes.
E desde o goberno municipal garántese a mobilidade das persoas e o acceso a servizos públicos esenciais, así como o exercicio do dereito ao traballo ou á libre ciruclación.
Agárdase pois unha pronta resolución do conflito, para que se siga prestando o servizo na mellor das condicións para a cidadanía.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.