Mércores 10 de Agosto de 2022

O Concello delega a Alcaldía temporalmente en Armando Ojea


O tenente de alcalde asumirá as funcións de rexedor os días 24, 25, 26 e 27 de decembro de 2020

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea Bouzo, asumirá temporalmente as funcións da Alcaldía os días 24, 25, 26 e 27 de decembro de 2020, conferíndolle a dito efecto todas as atribucións propias do cargo consonte á normativa legal vixente -art. 124.5 e 125 da Lei de Bases de Réxime Local e os artigos 44 e 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais-.

Daráselle conta ao Pleno na primeira sesión que teña lugar e publicárase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense e da Casa do Concello.

Deja una respuesta