O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, lamentou a herdanza política recibida no asunto da perda da subvención de 600.000 euros por parte do Estado para a Praza de Abastos, e que foi criticada esta mañá polo grupo municipal do PSdeG-PSOE.
Lembra o rexedor que se trata dunha axuda concedida en 2015 para un proxecto que non se licitou até ben entrado o 2018, adxudicado un ano despois, e que non se puido empezar a executar até este 2020 co atraso producido, a maiores, pola presenza de okupas no recinto.
“Chove sobre mollado” en opinión de Gonzalo Pérez Jácome, quen xa puxo énfase na súa etapa na oposición sobre a demora na execución deste proxecto. Lamenta o rexedor o caso omiso que lle fixeron no seu día tanto o PsdeG-PSOE coma o PP, a quen lle tería correspondido axilizar o proxecto, afirma.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.