
O galardón, promovido pola Fundación Carlos Casares en colaboración coa Deputación de Ourense, dotado con 10.000 euros, ten como obxectivo a busca de talento emerxente
O ilustrador coruñés Cristian F. Caruncho foi proclamado gañador do I “Carlos Casares-Kristina Berg” ao talento creativo. O galardón, promovido pola Fundación Carlos Casares en colaboración coa Deputación de Ourense, dotado con 10.000 euros, ten como obxectivo a busca de talento emerxente. O fallo do premio tivo lugar onte no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense. O Xurado, composto por Cristina Pato, María Martinón-Torres, María Canosa e Fernando González «Gonzo», ademais de Xavier Casares, presidente da Fundación do escritor ourensán, e Rosendo Fernández, vicepresidente da institución provincial, determinou como gañador, entre as seis candidaturas seleccionadas, a Cristian Fojón Caruncho, ilustrador natural de Vidueiros, Ortigueira, onde naceu en 1997.
Formado na Escola de Arte e Superior de Deseño aplicado Pablo Picaso da Coruña, o galadoado ten repartido o seus traballos entre a autoedición (Historias de Rego Torto, 2012-16 / Dorotea, 2018); a obra colectiva (Un ferrado de dignidade. Demo editorial, 2017); a colaboración con artistas (O puño e a letra. Edicións Xerais, con Yolanda Castaño / Semillas, videoclip de Tremenda Jauría e Fermín Muguruza, 2019 / imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, 2019); e ven de publicar en 2019 a súa primeira obra longa: Grandarroiba (Demo editorial).
O Xurado destacou a paixón de Cristian F. Caruncho pola Banda Deseñada, e o estilo depurado que manifesta, co que ergue o ambiente rural galego, tan minuciosamente tratado, a unha categoría claramente global e doadamente compatible coas tendencias máis modernas da BD. Apreciou nel un potencial riquísimo que confía converta, co tempo, ao artista que xa é, nun referente internacional.
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.